Levan aos tribunais a carreira profesional do Sergas

CC.OO. presenta un recurso que di, non pretende paralizar a carreira profesional, senón que os seus efectos se estendan a todo o persoal da sanidade pública.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/07/2018 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia anunciou este luns que vai recorrer xudicialmente a "discriminatoria" carreira profesional do SERGAS, que "deixa fóra" dos seus beneficios a milleiros de traballadores. Segundo os cálculos do sindicato, veranse afectadas unhas 12.000 persoas, isto é, un terzo do persoal sanitario público.

Sala de espera do Sergas
Sala de espera do Sergas

Con este recurso, que se presentará nos próximos días, o sindicato non pretende paralizar a carreira profesional, senón que os seus efectos se estendan a todo o persoal da sanidade pública. "Queremos unha carreira profesional para todas e todos", enfatizou Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade. Segundo o sindicalista, o persoal temporal, o funcionario e o laboral queda fóra desta carreira profesional.

No caso dos dous últimos colectivos, se pretenden facer carreira deberán solicitar a condición de persoal estatutario, "o que significa tanto a perda do seu réxime xurídico como das condicións laborais actuais", apunta. Por esta razón, Cameselle agarda que en Galicia aconteza o mesmo ca noutras comunidades autónomas, como Asturias ou Castela e León, onde a Xustiza obrigou a igualar os dereitos do persoal indefinido e interino.

CRÍTICAS ÁS PRESAS DOUTROS SINDICATOS

O secretario xeral de CCOO-Sanidade salientou que o Consello Nacional da federación decidiu "por unanimidade" rexeitar a proposta de carreira profesional da Xunta. "Chegamos a esta decisión despois dun longo debate interno. Non sabemos como outras organizacións puideron tomar a decisión só en hora e media e unicamente cunhas promesas formuladas de palabra que non cadran co que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia", critica Cameselle.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta