Xa hai un prezo oficial para desbrozar as franxas de seguridade contra os lumes

A Xunta e a Fegamp chegan a un acordo para limpar as leiras prioritarias e evitar lumes. A empresa pública Seaga será a encargada de desfrozar entre 20 e 50 metros das zonas de monte que se atopen preto de núcleos rurais.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/08/2018 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Por fin hai un prezo público e oficial para o desbroce do monte para evitar os lumes. Un acordo entre a Fegamp e a Xunta acaba de fixar en 350 euros o custe por desbrozar unha hectárea de monte. O acordo chega xa en plena tempada de lumes pero que pon fin a un gran vacío legal sobre a limpeza das franxas de seguridade de nucleos urbanos.

Zona do parque forestal Monte dos Pozos en Vigo queimada polo lume, tras os devastadores incendios que arrasaron Galicia en pleno outubro
Zona do parque forestal Monte dos Pozos en Vigo queimada polo lume, tras os devastadores incendios que arrasaron Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Será a empresa pública Seaga a que se fará cargo do "sistema público de xestión de franxas secundarias" para previr contra os incendios forestais.  Segundo avanzou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, este sistema botará a andar "nos próximos días" ou "nas próximas semanas", dando comezo polos concellos determinados como "prioridade 1" polo risco de lumes. A Fegamp, pola súa banda, aprobou o documento nunha cita extraordinaria celebrada esta semana, co que tras o seu paso pola reunión semanal do Goberno galego, agora a adscrición será voluntaria.

“Trátase dun acordo para poñer en marcha un sistema público da xestión da biomasa”, dixo Feijóo que suliñou que, con el, preténdese poñer fin ás diferencias e mesmo descoordinación institucional e legal que existe arredor da limpeza dos montes. 

PRIORIDADES

A este pacto poderase adherir calquera concello, pero se priorizará a limpeza naqueles que teñan maior risco de sufrir lumes ou que haxa riscos para persoas ou bens.  Os terreos que estean abandonados ou sen dono coñecido serán rozados por funcionarios do Seaga en base a ese prezo oficial fixado de 350 euros por hectárea. Se o dono non aparece a débeda será acumulada ata que supere o prezo do valor catastral da finca limpada que, automáticamente, pasará a formar parte do banco de terras da Xunta.

Un lume chega ao centro urbano das Neves
Un lume chega ao centro urbano das Neves

Por outra banda, os particulares que non queiran contratar un servizo privado de desbroce ou teñan problemas para desbrozar as súas leiras tamén poderán contratar os servizos de Seaga abonando ese prezo oficial. 

Estamos facendo un novo sistema para acometer esta inxente tarefa”, suliñou Feijóo que destacou a boa disposición existente entre o seu goberno e a Federación Galega de Municipios e Provincias para tentar coordinar e dar unha saída legal a situación de caos na que se atopa a limpeza das franxas de seguridade.

VISOR WEB

Ademais, a Xunta puxo en marcha un visor web para ter localizadas esas franxas prioritarias ao redor dos núcleos urbanos. Polo momento, 113 concellos, naqueles onde a incidencia do lume é maior, xa teñen a súa disposición este visor web para localizar as zonas que hai que rozar. 

Con este acordo, para o que a Xunta achega oito millóns de euros anuais e os concellos, dous, agárdase que haxa 16.000 hectáreas de franxas de seguridade desbrozadas en 2021, o 25% do total das existentes en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Andrés Viaño .

Por 350 €/ Ha . Que me.veñan a limpar as.leiras cando queiran . Onde temos que anotarnos? Donde está a trampa . ?

1 incendios "made in la xunta"

o prezo ... o prezo... ten que págalo o tipo aquel que andaba asando chourizos polo monte e despois propagouse un lume no monte... e que non dan atopado os indecentes! e si os atopan todo son disculpas, todo son mantecas, todo son almofada chea de plumachos de pavos reais do paraíso... onde imos parar... e para colmo a pagar ti por que tes que andar limpando... cando moita xente e xa maior e non pode, agora son culpables... CANDO FOI ABANDONO DO RURAL O QUE FIXERON ESTES BANDIDOS DA UNTADA DA MALICIA OS PEPERIANOS CINICOS... 40 ANOS DO PP FORON A RUINA DA GALIZA!!! que pague o pepeiro e os compinches piromaniacos!!! - https://www.youtube.com/watch?v=2Lt...