Como se vive dentro de Fortnite, o videoxogo do momento
Fortnite está a converterse nun evento mundial, sendo o videoxogo online máis célebre do momento. Un entretemento que algúns cualifican de violento polas súas escenas bélicas e que os xogadores din que motiva e favorece o traballo en grupo.