Galicia fai historia: finalista no primeiro Europeo de fútbol gaélico

As seleccións galegas completan unha fase de grupos extraordinaria e gáñanse as finais do campionato que se celebra no marco da programación do Festival Intercéltico de Lorient.

Por Galicia Confidencial | Lorient | 11/08/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

Unha oportunidade histórica. Galicia pode converterse na primeira selección en gañar o Campionato Europeo de Fútbol Gaélico feminino e masculino.

As seleccións galegas feminina e masculina de fútbol gaélico celebran o seu pase ás finais do primeiro Campionato Europeo deste deporte.
As seleccións galegas feminina e masculina de fútbol gaélico celebran o seu pase ás finais do primeiro Campionato Europeo deste deporte.

As rapazas venceron á Bretaña no último dos partidos cun contundente 26-5 e certificaron o seu pase á final. Previamente, o poderío das nosas exhibiuse fronte Alemaña, á que Galicia gañou cun 33-2, e fronte a Francia, á que as heroínas galegas se impuxeron 18-7.

Os rapaces tamén completaron unha fase de grupos extraordinaria con vitorias sobre a selección de Gascuña (14-4), Francia (16-9) nun partidazo dos galegos contra os grandes favoritos—, ademais da exhibición fronte Alemaña (44-5). O pase á final chegou tralo empate a 9 coa Bretaña, pasando á final tamén coma primeiros de grupo.

As finais xogaranse este domingo. O rival a bater, para ambas as seleccións galegas, será Francia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta