ULTIMA HORA Marisquiño: A Xunta confirma que non se rexistrara ningún plan na Dirección Xeral de Emerxencias

Caballero asegura que nunha reunión previa ninguén puxo obxección á seguridade. O PSdeG pide respectar a "investigación xudicial". Rueda di que foi o goberno vigués o que deu os permisos para o festival e López-Veiga insiste en que o mantemento é do concello.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/08/2018 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

21:00 O Concello de Vigo di que cumpriu escrupulosamente coas normas de autoprotección no Marisquiño, en resposta á Xunta.

Parte do peirao do porto de Vigo caíu durante un concerto
Parte do peirao do porto de Vigo caíu durante un concerto | Fonte: Twitter

19:15 Dan de alta dous ingresados polo derrube no Marisquiño. Aínda permanecen seis persoas hospitalizadas.

18:00 En Marea reclama a presencia da presidenta de Portos do Estado para aclarar cales son as responsabilidades deste ente sobre o ocorrido en Vigo.

17:40 O programador de eventos Alfonso Vilanova, un dos organizadores do festival Armadiña Rock, sinalou que "alguén terá que depurar nalgún momento" as "consecuencias" que se deriven do accidente ocorrido na clausura do Marisquiño.

15:40. A Xunta de Galicia constatou que, no rexistro electrónico oficial de plans de autoprotección da Dirección Xeral de Emerxencias. O goberno galego insiste que as competencias de denegación ou autorización de concertos e espectáculos é do Concello.

15.00. O grupo municipal Marea de Vigo rexistrou este martes unha petición para que se cre unha comisión de investigación sobre o accidente e reclamou ao goberno municipal que achegue toda a documentación sobre os plans de seguridade do evento.

14.50. O grupo municipal do PP no Concello de Vigo volveu a reclamar este martes "todo o expediente" sobre a celebración do festival O Marisquiño, e esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que faga público o informe porque "se non existe, o alcalde ten que marchar".

14.28. En Marea e BNG censuran o "lamentable espectáculo" ofrecido polo Concello e o Porto de Vigo co seu enfrontamento polo accidente, mentres que o PSdeG pediu "respectar os tempos" e a "investigación xudicial" aberta para aclarar o ocorrido.

14.15. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Concello cumpriu os requisitos legais para autorizar a celebración do concerto do Marisquiño e sinalou que, días antes do festival, houbo unha reunión con presenza de bombeiros, Policía e técnicos, sen que ninguén puxese ningunha "obxección" á seguridade.

13.50 A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo acordou que tanto policía científica como xudicial realicen "as tarefas necesarias para o esclarecemento" do accidente na clausura do festival O Marisquiño.

11.50. A Consellería de Sanidade confirmou que se eleva a 8 o número de persoas hospitalizadas (unha máis que no último parte) após o derrube de parte dunha dársena no Porto de Vigo, durante a celebración dun concerto do festival O Marisquiño.

11.05. A Xunta tamén ataca ao Concello de Vigo polo acciente no concerto do Marisquiño. Alfonso Rueda destaca que é o Concello o que "podía dicir que non se celebrase a actividade e dixo que si", ao conceder a licenza aos organizadores do evento.

10.59. O Porto de Vigo insiste en botarlle a culpa do accidente de Vigo a concello e organizadores. "Creo que o importante é investigar o que pasou e repartir responsabilidades. É evidente que tamén a teñen os propios organizadores, o único que fai o porto é pór o terreo", asegura o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

19.40. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, incidiu este luns en que a zona do paseo marítimo que se afundiu durante a celebración do concerto estaba asentada sobre unha estrutura de formigón antiga, mesmo anterior ao proxecto 'Abrir Vigo ao Mar', e que, ademais, é allea ao convenio asinado entre Porto e Concello en 1992 para o mantemento de zonas de confluencia entre o Porto e a cidade.

18.20. A portavoz municipal do PP, Elena Muñoz, afirmou que "todo Vigo sabe como estaba ese paseo" cuxo derrube provocou máis de 300 feridos durante o último concerto do festival O Marisquiño, ante o que esixiu "respostas" ao alcalde e "máxima transparencia" ao goberno local.

17.30. A Autoridade Portuaria de Vigo asegurou que, aínda que a titularidade do espazo no que se produciu o derrube durante os concertos do Marisquiño correspóndelle, a "autorización e vixilancia" dun evento destas características recae no Concello.

15.00. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este luns explicacións e información "sen ningún tipo de andrómenas", tanto a Concello como a Porto de Vigo, tras o colapso de parte dun paseo no porto deportivo, no que se estaba celebrando un concerto con motivo do festival O Marisquiño.

13.53. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que "tempo haberá" para investigar e, "se había algunha responsabilidade, determinala". Apunta, ademais, que "constaba algún aviso" sobre que a infraestrutura "non estaba en bo estado".

13.20. O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, agradeceu a "resposta magnífica" do persoal público que "desde o primeiro momento acudiu a auxiliar" aos accidentados no festival do Marisquiño, así como a da xente que estaba nas inmediacións e "botou unha man".

13.15. O cantante Rels B (Daniel Vidal), que se atopaba actuando no momento do derrube este domingo ocorrido no festival 'O Marisquiño', expresou o seu pesar polo ocorrido e enviou as súas condolencias aos máis de 300 feridos.

13. 10. O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, expresou a través de Twitter o seu apoio aos máis de 300 feridos do concerto do festival 'O Marisquiño'

12.50. Os deputados e deputadas de En Marea, no Parlamento e no Congreso, e os concelleiros de Marea de Vigo solidarízanse cos afectados, recoñecen o traballo do servizo sanitario e forzas de seguridade e emerxencia e piden responsabilidades ao Concello e ao Porto de Vigo polo acontecido.

12.14. O deputado do PSdeG Julio Torrado mostrou o seu "afecto e apoio" aos feridos nun dos concertos do Marisquiño, aos que desexa unha "pronta e moi boa recuperación".

12.05. O equipo de comunicación do Festival O Mariquiño vén de publicar, 12 horas despois do accidente, un comunicado sobre o acontecido na súa tráxica última xornada. Nel, lamentan profundamente o accidente da pasada noite “e solidarízanse con todos os feridos e os seus familiares, que agora mesmo son a prioridade absoluta para todos”, subliñan.

12.00 O deputado do BNG Xosé Luís Rivas, Mini, mostrou o seu "apoio e solidariedade" aos feridos que asistían a un concerto do festival O Marisquiño, en Vigo, á vez que reclama "investigar as causas" e "analizar o ocorrido".

11.37. O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, publicou na mañá deste luns, ás 10.48 horas, unha mensaxe solidaria dirixida aos feridos e de recoñecemento aos equipos de emerxencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 anonimo7024

Asco dan todos: tras un inicial y protocolario intento de disimulo en el que dicen solidarizarse con los heridos y tal, en seguida tenemos a unos echándole la culpa a otros, a los cuates de la oposición intentando sacar rédito político, a ejércitos de cuñaos que saben la hostia de estructuras de hormigón y, por último, a fanáticos y manporreros que intentan llevar el agua a su molino. Oyendo a todos estos impresentables me pregunto qué necesidad hay de invertir tiempo y dinero en una investigación hecha por profesionales independientes que llevará meses.

1 stop caciquismo stop alcalde

HA QUE BOTALOS!!!! nin pesoideiro$ o alcadable Cain, nin os populetas do porto de expaña, temos a porta da casa en expaña!!!! nin os mareantes comunistas son solución de nada ... soamente o nacionalismo pode salvarnos!!!! - https://www.youtube.com/watch?v=swi...

1 Bernal Calvo Delaciga

Gonzalito, (b)loquito, recorda que dende que existe esa estrutura defectuosa, en Vigo gobernaron 4 alcaldes neglixentes co tema: 2 do PSOE, 1 do PP e 1 do teu idolatrado BNG. Recordas un tal Castrillo? Pois iso, iluminado.

2 Gallet

Agardemos que os mancados se recuperen con celeridade, do resto está claro a culpa foi de Lois Castrillo que foi alcalde fai 20 anos. Gracias Bernal pola iluminación.