A Academia critica a lentitude dos xuíces co decreto do galego

A Real Academia Galega, que preside Xosé Luís Méndez Ferrín, lanza unha inusitada crítica á Xustiza. A lentitude do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia imposibilita unha sentencia definitiva sobre o polémico "decreto do plurilingüismo" na presente lexislatura.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/04/2011 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega sempre foi moi comedida nos seus pronunciamentos públicos. Con todo, onte criticou abertamente e por iniciativa propia a lentitude do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

None

Este tribunal acaba de admitir a trámite o recurso contencioso-administrativo interposto pola RAG contra o decreto 79/2010. Trátase da polémica norma da Xunta do PP, que baixou o número de horas obligatorias en galego asemade que tenta impor un modelo de ensino trilingüe.

"Sorprende, en medios xurídicos, a tandanza coa que o Tribunal Superior tomou este acordo", indica a RAG. A oposición da RAG é moi relevante, por ser o ente que o Estatuto fixa como regulador do idioma.

A lei para acabar coa suposta imposición do galego no ensino durante o bipartito aprobouse no DOG na primavera de 2010. Inmediatamente foi recorrida por diversas entidades, incluída a Real Academia. Malia a evidente relevancia social da polémica, os xuíces tardaron case un ano en determinar se consideraban ou non a denuncia dos académicos.

Este mes tamén se coñeceu que o TSXG admitía a trámite outro recurso, presentado polo STEG, un dos sindicatos do ensino próximos ao nacionalismo.

En todo caso, expertos xurídicos consultados por GC descartan unha resolución definitiva do preito a curto ou medio prazo. Sexa cal for o ditame do TSXG, é moi probable que a lea xudicial se prolongue até o Tribunal Constitucional.

Non haberá sentencia definitiva esta lexislatura

Noutras palabras, cando a Xustiza se pronuncie definitivamente en San Caetano haberá outro goberno diferente ao que aprobou o decreto e, polo tanto, é posible que unha nova norma en vigor.

Malia as críticas pola tardanza dos xuíces, a institución que dirixe o escritor Méndez Ferrín "considera positiva esta resolución".

O comunicado da RAG critica entre liñas a crispación desatada pola norma da Xunta. Así, a RAG "mantén a esperanza de que esta vía que se abre poida restablecer no futuro o consenso necesario que durante tantos anos posibilitou un clima docente aceptable nas aulas de  Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

2 333

Desmontado las trolas del fascismo nacionalista: en esta noticia de Galicia COnfidencial, la ultra Alba Nogueira reconoce que la LNL ampara la consulta a las familias para decidir la lengua materna predominante en Infantil: "A Lei de Normalización dá aos titores o dereito a escoller o idioma en Infantil, mentres que o texto vixente “fai unha imposición por parte da porcentaxe de familias triunfante sobre a perdedora, uns pais elixen por outros”."

1 Porco Jones

Suelen, estás bébeda......

1 Manoliño

¿Que se vai esperar de políticos radicáis metidos a académicos? ¿Alguén imaxina á RAG doutros tempos ou á RAE facendo política? O pobo é quen mais ordena. En calquera caso, tamén entre liñas suxírese que perderán, o cal vailles dar ocasión para laiarse e dar pena eternamente. O de sempre.

1 CranioF

E cómo son os académicos que elixen a este personaxe como presidente?? En qué mans está o noso idioma!!

2 Manoliño

Aínda lembro a un axitador homologado como Manolito Rivas, que o botaron por follonero dun bar de Rubine, La Cepa, Purita e Teresa, e tivo que meterse no Allegue, co cabreo conseguinte dos vellos que xogaban ao dominó que non os deixaba concentrarse nas partidas de chamelo XD

3 desfondacranios

observen a craniof e manoliño, manoliño craniof, en dura disputa polo premio ao mais pailán, debatindo sobre a composición da RAG, na cal por suposto que faltan eles, excelsos defensores da cultura galega en xeral e da preservacion do idioma en particular... mimadriña que fauna queda polo país. Xuntouse a fame coas ganas de comer, jajaja

4 Manoliño

O_O observemos con recollemento e circunspección o que nos di aquí o veciño, que é un crack :D

5 Amigho

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltCon... "Nacionalista radical" ¿Alguien imagina a la RAE haciendo política? Oh, pero que disparate Manoliño, eso es de otros tiempos.

6 Porco Jones

desfondacranios, sí, tal cual, estamos a ver por fin as verdadeiras cores de Mr Cranio. Con razón dicia eu que non era uma persoa clara...O caso é que agora temos un Manolinho maís por eiquí, mágoa que haxa tanta xente idiotizada neste país...

7 Bill

A RAE fai política sempre, só hai que lembrar algunhas polémicas que levantou no tema das linguas o Lázaro Carreter ou os académicos asinando un reaccionario "Maniefiesto por la lengua común" ou a escasa catadura democrático de Reverte. Anda, Manoliño, le un pouco, fai o favor.

8 Manoliño

Bill, a RAE, a diferencia da RAG, é unha institución prestixiosa, cunha actividade científica e un recoñecemento por parte da sociedade que para si quixera a RAG, que ten patrocinios privados que lle permiten levar adiante algúns dos seus proxectos ¿Pode dicir o mesmo a RAG sen a mamandurria da subvención? E non digas que a RAE está politizada porque o teu amigo Callón, cansouse de mitificar ao seu presidente usando, por certo, algo que non dixo. E cando queiras, falamos de "nepotismo", que ao igual que falei da cuñadísima non teño maiores problemas para abordar este tema cos académicos da RAG, con independencia de que os "agraciados" parezan bos/boas rapaces/rapazas.

9 vermello

Home, Manoliño, o primeiro gramático español dixo aquilo de sempre a lingua acompaña o Imperio, non sei se che ficará clara dabondo a vinculación entre o dominio político e o cultural aí resumido.

10 CranioClaro

OINK! Bos días. Mr Cranio non é claro. ¡Claro! como aborrecer aos Ferríns que hai por aí é non ser claro... Como pedir liberdade de elección é non ser claro... Pero Porco, agora te das conta? Pois levo xa tempo dicíndoo. Claro, para ser claro hai que dicir que os alumnos estuden en galego queran ou non. Pois non penso. Será que estou idiotizado, eh?. Probablemente son un dos alcumes de Manoliño, según dixeches noutro post. Pero qué burranzáns que sodes.

11 Porco Jones

Mira Cranio, non tenho nada personal na túa contra pero penso que nesta vida hai que saber o que se quere. Se quixeras defender a túa terra e atúa lingua pareceríame caralhudo, se prefires defender as burradas anticonstitucionais e ilóxicas do governinho Frijol tamén o entendo (hai moito atrasado por ahí, pero no mundo ten que haber de todo). O que non se pode facer e dicir uma cousa por outra. Defender as grandes ideas corruPPto-frijoleras e defender a túa terra son dúas cousas diferentes e incompatibles. Para min xa estás catalogado no grupo dos Manolitos, xa non hai dúbida das túas preferencias. Así que, tan amigos e listo, repito que non hai nada personal simplemente considero que a túa maneira de pensar a nivel político-social é despreciable. Saúdos.

12 CranioF

Estás a dicir que o goberno do PP non defende á súa terra. Un porcentaxe moi amplo de cidadáns opina que sí. O que non pode ser é que uns cantos vos creades os verdadeiros defensores de Galicia e que os demais non o son. Hai formas diferentes de entender esa defensa, algo necesario en democracia, obviamente, e é moi lexítimo confrontalas. Pero o que non podo admitir é que uns cantos teñen a verdade suprema, son os bós e xenerosos, e os demáis (que son maioria, guste ou non) ou son uns cabróns, ou uns colonizados, ou directamente son tontos idiotizados. Temos formas moi distintas de ver estas cousas, eu trato de ser liberal (non sei se o consigo ou non), e tí vás máis polo lado do elitismo: que decida a élite. Eu digo: que decida a xente. Cordiais Oinks.

13 Manoliño

E digo eu... ¿do "nepotismo" na RAG, que dicimos? ¿Ou todo se reduce a chorar, e presionar para que Feijoo solte, e despois colocar aos parentes dos ínclitos e ubérrimos "académicos"? PS: CranioF, ao Porco, nin puto caso, meu, é o que se chama en determinados lugares, una loca, dígocho eu que as cheiro a distancia. O que diga, como se cantara un carro.

14 Compostelanaa

Cranio non te esforces, todo aquelo que non sexa defender Galicia dende o nacionalis/independentismo é ser pepero, católico, apostólico, romano, desprezar a nosa terra, desprezar a nosa lingua.... vamos demos con rabo... pois eu fai tempo pregunteille ao señor Porco que era para él a liberdade e inda non respondeu, agora pregúntolle que é para él o respeto polas ideas dos demais e o sectarismo ideolóxico. Non pensas coma min = non pensas, pois caralludo pero eu penso que boa parte da sociedade galega son non pensantes logo. Basta xa de que certos sectores ideolóxicos se crean os coidadores da cultura galega mentres os demais só pensamos en cargarnola, demagoxia barata inaceptable.

15 Artur

Manolita dá a cara di quen es, españolito covarde. Es moi valente escribindo nos foros, pero non es home para defender a túa ideoloxía españoleira.

16 Porco Jones

Hola Compos, xa non me lembraba....non é doado, botame uma man.....¿tí como a defines?

17 xan

Cranio, eu tamén presumo de liberal e me gusta respetar tódalas opinións pero neste caso penso que se ten que impor a lóxica, penso que ninguén pode negar que o galego é o idioma de Galicia como o seu nome indica e que está en clara inferioridade con respecto ao castelán por mor da política represiva do franquismo. A política está para iso, para corrixir situacións que atentan, por exemplo contra o noso patrimonio como é o caso do galego. Igual que si alguén quixera derrubar os pazos galegos para levantar masías catalás ou cortijos andaluces. E se a maioría da xente non pensa así é pola triste herdanza de tempos recentes. Non é para alegrarse e aplaudir. Apertas