Deteñen un home por matar á súa muller disparándolle á cabeza

Os feitos ocorreron en Cabana de Bergantiños. O matrimonio estaba en trámites de separación e non constan denuncias previas por malos tratos na parella.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo na tarde deste domingo a un home de 56 anos por disparar supostamente á súa muller na cabeza en Cabana de Bergantiños . O matrimonio estaba en trámites de separación e non constan denuncias previas por malos tratos na parella. Segundo informaron fontes da Delegación do Goberno, activouse o procedemento para esclarecer se se trata dun caso de violencia de xénero.

Violencia de xénero
Violencia de xénero | Fonte: Getty Images.

O suceso aconteceu entre as 17,00 e as 18,00 horas da tarde, cando o home disparou á súa esposa, duns 50 anos, deixándoa malferida e sen que os servizos sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida.

Fontes sanitarias consultadas indicaron que a alerta dada ao 112 foi por disparo de arma de fogo, de modo que se mobilizaron unha ambulancia con base en Ponteceso, un médico e unha enfermeira da PAC deste municipio, así como un helicóptero do 061 con base en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta