Os bombeiros forestais manifestan o seu apoio á loita dos axentes forestais e medioambientais

A asociación APROPIGA fai un chamamento aos bombeiros forestais do SPDCIF para acudir á manifestación convocada para este mércores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 22/08/2018 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

"Compartimos con eles a defensa por un Servizo Público e Único que garanta a prestación dun servizo esencial de calidade no eido das emerxencias e a prevención e loita contra os incendios forestais en Galicia", declaran dende a Asociación Profesional de Bombeiros Forestais de Galicia. E é que APROPIGA vén de manifestar o seu apoio ao colectivo de axentes forestais e medioambientais na loita pola defensa dos seus dereitos laborais e salariais. Vén de convocar a todos os bombeiros forestais do SPDCIF a acudir á manifestación deste mércores en Vigo

Protesta de axentes forestais e medioambientais
Protesta de axentes forestais e medioambientais | Fonte: CIG.

"Para así reivindicar os incumprimentos reiterados do goberno da Xunta de Galicia para co colectivo de traballadores e traballadoras do SPCIF que seguimos a padecer unha precarizacion intolerable", sinalan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta