Os lumes no Parque Natural do Invernadoiro evolucionan de maneira favorable logo de dous días ardendo

Continúan activos os dous focos que comezaron o martes e que xa arrasaron máis de 90 hectáreas. As brigadas e medios aéreos están sufocando puntos quentes e refrescando o perímetro para que non haxa rebrotes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2018 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

Medio Rural informa que os lumes do Parque Natural do Invernadoiro evolucionan de maneira favorable. Nonn obstante, as brigadas e medios aéreos desprazados ata o lugar, están facendo tarefas de contención e refrescando puntos quentes para que non rebroten. 

Bosque quemado en O Invernadoiro
Bosque quemado en O Invernadoiro | Fonte: Europa Press

A superficie afectada segundo informan da Consellería de Medio Rural é de 80 hectáreras o primeiro lume e catorce o segundo. 

Os incendios están activos desde as 16,10 horas do mércores, no municipio de Vilariño de Conso, na parroquia de San Mamede de Hedrada.

No incendio de maiores dimensións, que se sitúa nunha zona inaccesible para os servizos de extinción terrestres, é necesaria a intervención cos medios aéreos. Desde primeira hora da mañá, xa traballa na zona un helicóptero e se dirixe outro ao lugar, coa previsión de que ao longo da xornada se incorporen máis medios aéreos, segundo precisaron fontes da Consellería do Medio Rural.

De momento, debido á intensa néboa e ao fume xerado polo incendio, nunhas zonas de difícil acceso, as estimacións de superficie queimada non se poden precisar con maior exactitude, indicou a Xunta de Galicia. Nas últimas horas, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación enviou un amplo dispositivo de medios aéreos e humanos para apoiar aos efectivos galegos na loita contra estes incendios.

No dispositivo despregado durante este xoves participaron 3 avións anfibios Canadair, de 5.500 litros de descarga, desprazados desde a base de Lavacolla; e un cuarto procedente de Matacán (Salamanca). Tamén un helicóptero Kamov, con capacidade de descarga de auga de 4.500 litros, da base de Ibias (Asturias).

No dispositivo, e co fin de participar nos labores de coordinación, tamén se incluíu un avión de Comunicacións e Observación, procedente da base de León, e unha Unidade Móbil de Análise e Planificación, desprazada desde a base de Ourense.

Ademais, para complementar desde terra o labor de extinción, traballaron na zona do incendio dúas Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais, procedentes das bases de Laza (Ourense) e Tineo (Asturias). Cada unha delas conta con dous helicópteros biturbina con capacidade de descarga de 1.200 litros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 toxo o noso picudiño

outra vez facendo o pavo e o ridículo... o lume foi provado por un lostrego, e polo tanto un lume natural dun sotobosque baixo... carqueixas, toxos, xestas, nún área non poboada e de difícil acceso ... deberían deixar que ardese todo e non intervir... gastan os cartos en tonterías e en farsas "aéreas" PREGUNTENSE CANTOS CARTOS GASTARON ESTES ATONTADOS EN APAGAR O LUME NATURAL QUE NON DAN APAGADO... arriscan traballadores... gastan en medios aéreos... namentras os montes galegos por suposto feitos un cristo...