Touro desenvolverá unha ruta cicloturista que formará parte do proxecto europeo EuroVelo

Esta ruta discorre por diferentes países europeos. Este mes de agosto licitáronse as obras de sinalización.

Por Galicia Confidencial | Touro | 28/08/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Touro será parte da ruta cicloturista EuroVelo 3. A marca EuroVelo, de recoñecido prestixio internacional, conta actualmente con 14 rutas que discorren por diferentes países europeos. EuroVelo 3 parte de Noruega e ten como destino Compostela, pasando por Touro.
Este mes de agosto publicouse a licitación dos traballos de sinalización da ruta.

Ruta EuroVelo
Ruta EuroVelo

Isto fíxose despois de diversos estudos previos e comprobacións de que o trazado cumpre cos requerimentos mínimos da Federación Europea de Ciclistas, tales como anchura de vías ou estado do pavimento. Esta ruta segue o Camiño Francés cara Compostela.

IMPACTO ECONÓMICO NA COMARCA

Diferentes estudos acreditan o retorno económico que supoñen estas rutas nas localidades por onde pasan. O gasto medio é de 57 euros por persoa e día, cifra superior á media xeral do turismo. En Marea Touro considera que esta ruta é unha oportunidade de vitalización económica e social para a localidade ademais de sostible e duradeira. Por iso chaman á responsabilidade política e social, sobre todo en materia de medio ambiente e conservación do patrimonio.

O grupo municipal de En Marea considera imprescindible unha aposta clara pola conservación do medio ambiente e do patrimonio. Así declaran incompatibles as actividades agresivas ao medio coma o proxecto de megaminería actualmente en fase de tramitación.

INCOMPATIBILIDADE CO PROXECTO DE APERTURA DA MINA

O proxecto de apertura da mina de Touro conta con diversos informes sectoriais desfavorables. Aluden ao seu impacto negativo sobre o medio ambiente. Este proxecto agora contraponse á oportunidade socioeconómica que ofrece a EuroVelo3 para Touro. En Marea Touro pediu ao goberno local que abandone “a súa connivencia coas agresións ambientais nos terreos mineiros” e ao tempo “rexeite calquera proxecto de ampliación da mina”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta