Controlado, pero non extinguido, o terceiro incendio forestal no parque natural do Invernadoiro

O lume foi causado por un raio e, polo momento, arderon 3,2 hectáreas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2018 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O incendio forestal no parque natural do Invernadoiro, no municipio ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Pedroalbar, este pasado martes quedou controlado ás 21,00 horas do martes.

Bosque queimado no Invernadoiro
Bosque queimado no Invernadoiro | Fonte: Europa Press

Este lume, o terceiro nunha semana neste parque, orixinouse por mor dun raio, despois da tormenta que afectou a Galicia na madrugada do martes e que deixou máis de 330 raios. Segundo as estimacións de Medio Rural afectou a 3,2 hectáreas.

No lugar do lume, que comezou ás 8,54 do martes, traballaron un técnico, seis axentes, 23 brigadas, nove motobombas, dúas pas, sete helicópteros e cinco avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta