Ourense vive un apagamento durante case dúas horas por un fallo nunha liña de distribución

Un fallo nun empalme dunha liña de distribución deixou este sábado unha zona de Ourense cidade sen luz durante preto de dúas horas. Así o confirmaron a Europa Press fontes do corpo de bombeiros.

Por E.P. | OURENSE | 02/09/2018 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

A anomalía rexistrouse na rúa Concordia, ás 20,35 horas, e, segundo informou a Policía Local a Europa Press, afectou á zona centro da urbe galega e aos barrios de San Francisco e Barrocanes.

Ourense vive un apagamento durante case dúas horas por fallo en liña de distribu
Ourense vive un apagamento durante case dúas horas por fallo en liña de distribu | Fonte: Europa Press

A normalidade restableceuse pasadas as 22,20 horas nas vivendas e na iluminación urbana, non na rede de semáforos, os cales se mantiveron fóra de servizo até pasadas as 23,15 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 silveira de ortigas

A xente saia disparada polas ruas ata o hotel de arriba, pois era o momento do partido de futbol a xente estaba moi encabronada... e con razón...