Temas: SEAGA CIG FOLGA

Traballadores de Seaga anuncian folga a partir do día 16 por non veren atendidas as súas peticións

Denuncian que a Xunta reordenará o servizo de loita contra o lume e excluirá a súa experiencia da puntuación de futuras listas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2018 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Traballadores de Seaga, empresa pública de loita contra o lume, irán á folga a partir do próximo 16 de setembro, ante o "total silencio" por parte da Xunta respecto das súas peticións. Os brigadistas de Seaga sinalan que a Xunta conta cun plan para a reordenación do servizo público de prevención de incendios (Spdcif), no cal "excluirá da puntuación para as futuras listas de contratación a experiencia acumulada" dos traballadores desta empresa pública.

Rueda Prensa De Persoal De Seaga
Rueda Prensa De Persoal De Seaga | Fonte: Europa Press

Por iso, convocan esta folga para que o Executivo autonómico "rectifique", posto que "fai perigar a continuidade" dos 500 efectivos que traballan en Seaga, dado que "non aclara o papel que a empresa pública desenvolverá coa reordenación do servizo nin garante a súa incorporación en igualdade de oportunidades ao Spdcif".

De tal forma, indican que, se non hai un cambio, "só puntuaría o persoal da Xunta e dos concellos, polo que os traballadores de Seaga, con máis de 10 anos de experiencia nestes labores, quedaría fóra". Ante Isto, quéixanse de que a Xunta xera "unha gran incerteza", mentres censura que "continúan sen interlocución por parte da Dirección Xeral de Función Pública". Como previa á folga, os traballadores de Seaga levarán a cabo unha concentración o vindeiro martes, 11 de setembro, ante o edificio da Xunta en Santiago.

MALESTAR ANTE O CONVENIO FEGAMP

Por outra banda, os traballadores volveron a mostrar o seu malestar polo convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a limpeza de franxas de protección ao redor de casas e núcleos, da que se encargará Seaga. E é que avisan de que este acordo suporá "un aumento considerable de carga de traballo", mentres reclaman que se incremente o tempo de emprego anual destes traballadores contratados só determinados meses ao ano.

Temas: SEAGA CIG FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta