Controlado o incendio forestal de Carnota, que calcinou xa 26 hectáreas

Iniciouse en Lariño. Das 26 hectáreas afectadas, 3 son de arborado e o resto de monte raso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se iniciou na tarde deste xoves na zona de Lariño, na localidade coruñesa de Carnota, atópase xa controlado, tras afectar a unha superficie de 26 hectáreas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Un hidroavión tenta apagar un lume en Carnota
Un hidroavión tenta apagar un lume en Carnota | Fonte: Antonio Amboade

O incendio iniciouse ás 15,41 horas do xoves. Segundo as últimas estimacións, das 26 hectáreas afectadas, 3 son de arborado e o resto de monte raso. Para extinguir o lume, mobilizáronse 7 axentes, 1 técnico, 17 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que debe chamarse en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter:@incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta