Detido un home en Lugo cando tentaba agredir sexualmente a unha muller nun portal

Un home de 30 anos de idade, natural de Romanía e veciño de Lugo, foi detido na madrugada deste venres na cidade da muralla acusado dun intento de agresión sexual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Segundo informaron a Europa Press fontes policiais, o home tentou agredir a unha muller cando esta se dispuña a entrar ao portal da súa vivenda, situada nunha céntrica rúa da cidade.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP | Fonte: EP

Os berros de auxilio da muller alertaron a un veciño, que saíu a auxiliar á vítima e procedeu a alertar ás forzas da orde, momento no que o presunto agresor fuxiu do lugar dos feitos.

Ante iso, os axentes da Policía Nacional activaron un dispositivo de vixiancia do home, que posibilitou a localización e detención do individuo na madrugada deste venres. As mesmas fontes explicaron que os axentes tratan de pescudar se este home está relacionado con outros casos de agresión sexual rexistrados nos últimos meses na cidade.

O presunto agresor permanece nestes momentos detido na Comisaría da Policía Nacional de Lugo á espera de pasar a disposición xudicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta