Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2018 | Actualizada ás 20:25
Galicia rexistrou máis de 1.200 raios este sábado en apenas catro horas, entre as 14,00 e as 18,00 horas, situados en especial, cara á zona sur e o interior da comunidade.
Así o indica a información de Meteogalicia nunha xornada na que estaban previstas tormentas e chuvascos no sur de Galicia, e na que desde as 00,00 até as 18,00 se rexistraron un total de 1.754 raios.
Concretamente, Meteogalicia indica que a maior incidencia deste fenómeno meteorolóxico produciuse entre as catro e as seis da tarde, con 853 raios en Galicia. Entre as dúas e as catro xa se percibiron até 394 en toda a comunidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.