Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2018 | Actualizada ás 11:13
Canto custa traballar en Galicia?. O pasado ano, o custo salarial situouse até xullo en 12,44 euros, o que supuxo unha caída do 0,9% (en todo o Estado está en 14,47 euros tras diminuír un 2,1%). Por hora efectiva, o dato galego é de 16,85 euros, cunha diminución do 1,2% nos últimos 12 meses. A cifra global de todo o Estado, que diminuíu un 1,9%, sitúase nos 19,29 euros.
A enquisa trimestral de custo laboral que publica este martes o INE recolle información sobre xornada laboral, que en Galicia ten 151,4 horas pactadas por traballador e mes: as efectivas quedan en 136,6 e as non traballadas alcanzan 15,5.
A tempo completo, as horas pactadas para os traballadores galegos supoñen 169,4, pero as efectivas baixan a 152,4, con 17,7 horas non traballadas. Pola súa banda, na xornada a tempo parcial, o pacto é de 85,2 horas e o que en efecto se traballa, 78,4 horas, cun total de 7,3 horas non traballadas.
Por outra banda, as vacantes foron 3.538 no primeiro trimestre do ano en Galicia, un 3,6% sobre o total. O 89% debeuse a non necesitar ningún traballador máis, o 6,9% polo elevado custo de contratación e un 4% a outros motivos.
CUSTE LABORAL
O custo laboral total (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) no caso dos traballadores galegos incrementouse un 1,9% no segundo trimestre de 2018 en comparación co mesmo período do pasado ano, mentres que a media das comunidades aumentou un 0,7%.
Así, segundo os datos do INE, Galicia alcanza os 2.301,86 euros, mentres que no conxunto estatal ascende a 2.602,01 euros. Así as cousas, Galicia é a cuarta autonomía na que máis crece este índice neste período e a quinta pola cola en contía.
Os outros custos aumentaron en Galicia un 0,9%, até 602,26 euros. Para a media produciuse un incremento do 1,2%, polo que o índice estatal chegou a 650,2 euros. Por hora efectiva, en Galicia os outros custos sitúanse en 4,41 euros, un 2,2% menos.
CUSTO SALARIAL
Pola súa banda, o custo salarial subiu en Galicia un 2,2% no segundo trimestre en taxa interanual, polo que se sitúa en 1.699,60 euros, mentres que na suma de todas as comunidades este índice alcanza 1.951,81 euros, un 0,5% máis que hai un ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.