O xulgado declara o concurso de acredores de Pili Carrera, cunha débeda de máis de 5 millóns

O xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra ditou auto declarando en situación legal de concurso voluntario de acredores á téxtil galega Pili Carrera, que recoñeceu unha masa pasiva de 5,1 millóns de euros.

Por E.P. | VIGO | 19/09/2018 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A xuíza determinou que a empresa cumpre os requisitos para solicitar o concurso, xa que se atopa actualmente en situación de insolvencia, e as negociacións coas entidades de crédito non tiveron éxito.

Tenda da marca téxtil Pili Carrera
Tenda da marca téxtil Pili Carrera | Fonte: Ediciones Sibila

Así, na memoria explicativa, a propia empresa recoñece que non puido recuperarse da crise económica iniciada en 2007 e que, nestes momentos, a súa masa pasiva (os créditos contraídos) supera os 5 millóns de euros; mentres que a masa activa é de case 7 millóns.

No auto tamén se establece que o concurso se tramitará conforme ao establecido para o procedemento ordinario, "pois as cifras de activo e pasivo superan o cinco millóns". Ademais, subliña a maxistrada que "o elevado número de traballadores é un indicador da súa potencial complexidade".

A téxtil Pili Carrera, cuxa sede se sitúa en Mos (Pontevedra), conta cunha rede de tendas monomarca e franquicias que se estende por España, Portugal e outros países de Europa, ademais de Oriente Medio e América. A elas hai que sumar a súa presenza en tendas multimarca e a venda 'en liña'.

Segundo expón a propia empresa na documentación presentada cando se solicitou o concurso, o cadro de persoal en España está formada por 105 traballadores, mentres que ten outros 15 empregados en Portugal.

O xulgado propón designar como administrador concursal ao avogado Alberto García Pombo, que ten cinco días para confirmar se acepta dita designación. A partir da publicación do edicto no Boletín Oficial do Estado, ábrese un prazo dun mes para contactar cos acredores e que informen dos seus créditos; mentres que o administrador concursal terá un prazo de dous meses para emitir o seu informe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta