O acusado de asasinar o seu fillo en Oza-Cesuras asegura que non o fixo "conscientemente"

Alega problemas mentais, mentres que a súa exmuller di que temía pola súa vida, pero non que lle fixese algo ao menor.

Por E.P. | | 24/09/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Tamén rexeitou que recoñecese ser o autor da súa morte ou que o fixese, presuntamente, para vingarse da súa exmuller. Esta, pola súa banda, manifestou que pensaba que a ía a matar a ela, pero que "nunca" sospeitou que puidese facerlle algo ao menor. Deste, dixo, no xuízo que se celebra con xurado na Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña, que lle transmitiu que o seu pai se mostraba con el "enfadado", pero explicou que non lle trasladou ningún episodio de violencia.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

"Sei que ás veces lle dicía o pai que eu era unha bruxa", explicou a nai da vítima, que fixo extensivos os cualificativos despreciativos por parte do acusado cara ao avó materno. De feito, no xuízo, o home responsabilizou ao seu exsogro da "desconexión" que, segundo explicou, había nos últimos tempos entre el e o seu fillo. "Eu non lle boto a culpa á miña exmuller", á que atribuíu que el puidese ver ao menor.

NON LEMBRA O SUCEDIDO

Da fin de semana no que ocorreron os feitos, tras recoller ao menor no Punto de Encontro na tarde do 5 de maio, dixo que para el "empezou e terminou o venres", para argumentar que non lembraba o sucedido nin desprazarse a Oza-Cesuras o domingo 7 de maio. No entanto, sí explicou que lembraba que o neno lle dixo "que non ía volver máis". "Mirábame con odio", un comportamento que atribuíu ao avó materno. "Ou non vía ao meu fillo diante e vía a outra persona ou estaba disociado da realidade", expuxo ao ser preguntado a que atribúe o sucedido o 7 de maio de 2017 tras os golpes recibidos polo menor, presuntamente, por parte do acusado.

"Non son consciente de mandar a mensaxe", dixo antes ao ser preguntado por unha mensaxe con ton ameazante que, segundo expuxo a Fiscalía, mandou ao irmán da súa exmuller por redes sociais. O acusado dixo non ser "unha persona normal", en alusión ás súas enfermidades psíquicas, como esquizofrenia e trastorno bipolar, de acordo coa exposición da defensa. Tamén afirmou que ás veces non tomaba a medicación que lle daba o psiquiatra ou a mesturaba con alcol.

A súa exmuller confirmou que antes de divociarse, en 2009, chegou a casa nalgunha ocasión baixo os efectos do alcol, pero asegurou descoñecer que tivese algún tipo de enfermidade psíquica até a documentación achegada nun procedemento xudicial após o seu divorcio. Do seu fillo, os dous aseguraron que era unha persona "cariñosa". A el, referiuse en varias ocasións en presente o procesado. "El ten un agarimo excesivo cara a min", expuxo.

O MENOR, "INTRANQUILO"

Mentres, a nai do menor ratificou que o acusado quería ao seu fillo e que a relación era boa entre ambos, a pesar dos descualificativos que o menor lle dixo que dicía o agora acusado sobre ela e sobre o avó materno. A exmuller do acusado, que foi condenado por delito de coaccións cara a ela con anterioridade á morte do menor, sinalou que o seu fillo o 5 de maio de 2017 --dous días antes do seu asasinato-- ía "intranquilo" a ver ao seu proxenitor.

Respecto diso, expuxo que dicía que o seu pai "estaba sempre enfadado", pero que ela tentou tranquilizalo. Cando o menor non apareceu, asegurou que pensou que o levaría o luns ao colexio e que non llo entregaba o Día da Nai, como correspondía, para que non pasase esa celebración con ela.

PENAS

Tanto Fiscalía como acusación particular e popular --exercida pola Asociación Clara Campoamor-- e a Xunta piden prisión permanente revisable para o procesado por un delito de asasinato. A iso, suman penas que oscilan entre un ano e cinco anos de cárcere por un delito de lesións psíquicas á nai.

A defensa pide a absolución, pero de considerarlle autor dos feitos, reclama o seu internamento nun centro psiquiátrico por eximente completa ou, no seu caso, unha rebaixa da pena por eximente incompleta alegando que o seu cliente padece até "sete enfermidades psíquicas". Xunto ás peticións de pena, as acusacións --o procesado non contestou as preguntas da letrada da Xunta nin da acusación popular-- solicitan unha indemnización para a nai da vítima que oscila entre os 100.000 e os 180.000 euros.

PARA A FISCALÍA, IDEOU UN PLAN

Para a Fiscalía, o home cometeu o crime "coa única finalidade de causar dano psíquico á súa muller por non aceptar renovar a relación con el" tras divorciarse en 2009 e despois de que ela iniciase unha nova relación. Para iso, sostén que "ideou un plan e executouno fríamente, sen importarlle a vida do seu fillo e asegurándose de que o menor non fose socorrido". En concreto, asegura que, o 7 de maio, o home conduciu cara a unha zona "boscosa e de difícil de acceso", en Oza-Cesuras, coñecida por el xa que alí tiña a súa nai unha casa da súa propiedade. Nese lugar, asestoulle coa pa ao neno varios golpes causándolle hemorraxias e contusións encefálicas que causaron a súa morte inmediata. Logo abandonou o corpo ao non lograr escavar do todo o terreo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta