En Marea recupera estimación de voto nunhas xerais e o PSOE supera en case dez puntos ao PP

En Marea sitúase no 1,1% para unhas eleccións xerais, segundo o último Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de setembro, o PSOE no 30,5 e o PP no 21,4%. O BNG aparece no epígrafe "otras formaciones".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

En Marea aumenta a súa estimación de voto e sitúase no 1,1% para unhas eleccións xerais, segundo o último Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de setembro. Unha enquisa que tamén apunta a un aumento do voto do PSOE e un estancamento do PP e que non recolle datos do BNG.

Os deputados de En Marea no Congreso
Os deputados de En Marea no Congreso | Fonte: Europa Press.

Deste xeito, a formación rupturista volve situarse por riba do 1%, após a caída producida en xuño, onde baixou até o 0,7%. Con todo, segue por baixo do 1,3% co que contaba en abril deste ano arrastrada pola baixada que tamén experimentou a marca de Unidos-Podemos, que segue nun 16,1% dos votos contando todas as confluencias, dous puntos por debaixo de Ciudadanos.

PSOE E PP

O PSOE repite na cabeza nas enquisas do CIS, cunha estimación de voto do 30,5%, seis décimas por riba da anterior enquisa e sacando unha vantaxe de 9,7 puntos ao PP, que se estrea con Pablo Casado á fronte e apenas catro décimas por encima do dato após a dimisión de Mariano Rajoy.

A terceira posición segue sendo para Cs, cun respaldo calculado do 19,6%, oito décimas por baixo do seu dato de xullo, e a cuarta praza é para Unidos Podemos, que suma un 16,1% con todas as súas confluencias.

Pola súa banda, o Barómetro, que se coñeceu este martes, revela unha intención directa de voto do 0,6% para En Marea, o que supón unha décima máis que o 0,5% co que contaba no anterior. Esta formación converteuse en partido instrumental, aínda que nas xerais de 2016 presentouse como coalición de Podemos-Esquerda Unida e Anova. Este 0,6% de intención directa de voto é o mesmo que existía en abril de 2018 para En Marea. Con todo, está por baixo do 1% que había en outubro de 2017.

O BNG segue sen aparecer como formación propia con aspiracións a volver ao Congreso. Os datos da enquisa do CIS situana "en otras formaciones" na que hai un conxunto de partidos políticos que, conxuntamente, obterían un 4,8% dos votos.  Os que si aparecen son ERC co 4,1%, PdCAT co 1,9%, EH-Bildu co 1,1%, o PNV co 0,9% e Coalición Canaria, co 0,2%. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Fran do Covelo

Eu de En Marea quería ler o do concurso amañado para o Forum Gastronómico polos do Ferreiro na Coruña. Agora foi anulado, como o dos dous pisos mercados que non cumprían coas bases mercados ao amigo de Podemos. A culpa será tamén da funcionaria? Casualidades, dirán Gamela e o Cupletista Madrileño! Hai un tufo persistente na política de partido, innegable no sistema noxento do PPsoE, comprobada no BNG que se vendeu e agora certificada na corrupta Marea de Podemos! Podíase ser máis limpos e decentes na xestión do público! Oportunidade perdida, desencanto e continuidade da casta! En Marea xa foi!

3 Toxos e Flores

O BNG so convence ó sector mais envellecido dun tipo de electorado. É so cuestión de tempo que o adelante o PACMA se convirta no BFG, o Bloque Folclórico Galego..

2 unmais

Mentira, cando Ciudadanos apenas tiña deputados en Cataluña , xa aparecia nos inqueritos estatais

1 Martiño Luteiro

O CIS non recolle datos do BNG porque non ten representación no Congreso, os seus datos (independentemente da %) van directos a "outras formacións".

1 comunista independentista

O pouco que resta do Bloque non vai voltar ao Congreso español en moito tempo, estivo 20 anos (5 lexislaturas) sen dar pancada, e iso non se olvida en 2 días.

2 fluxus

Unha cousa curiosa do efepegallismo é que son coma os minarquistas: nada mais que din andrómenas e son febles de caletre cunha percepción da realidade alucinada, por decir pouco. De todo o que poderían decir o seu favor en calquer situación, sempre escollen o errado; nunca dan unha análise boa, sempre teñen que quedar mal. Agás a señora Alexandra, q parece ter algo de siso, o resto son que non hai quen os entenda: ou tixoleiros ou moinos, nin un normal.