Villares quere inscribir En Marea na "grande internacional progresista da que falan Varoufakis e Corbyn"

Aposta porque En Marea "fale en defensa dunha Europa social".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/09/2018 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, apostou por inscribir esta formación nas correntes internacionais de defensa dos dereitos fundamentais das persoas. "Sentímonos parte da grande internacional progresista da que falan Varoufakis e Corbyn", en alusión ao ex-ministro de Finanzas grego e ao líder do Partido Laborista británico, afirmou Villares, partidario de que En Marea "fale en defensa dunha Europa social".

Encontros En Marea en Pontevedra
Encontros En Marea en Pontevedra | Fonte: Europa Press

Ao encabezar en Pontevedra os encontros provinciais de En Marea, coa lema 'Decides ti', Luís Villares explicou que se trata dunha primeira fase do proceso de participación no que os inscritos van decidir a súa estratexia a nivel estatal e se concorren ás eleccións europeas en solitario ou establecendo alianzas.

As teses recollidas no catro encontros provinciais analizaranse no plenario de En Marea convocado para o próximo 27 de outubro, polo que Villares cualificou de "fundamental" a necesidade de "lanzar un debate político" a nivel interno.

Así, sobre o ámbito da política exterior, Villares defendeu "unha Europa máis social que mire primeiro polos dereitos da xente e non dos mercados", argumentando que priorizar estes últimos trouxo como consecuencia "un esquecemento inxustificable dos dereitos das persoas que están fóra das fronteiras", de aí o seu rexeitamento á actual "política inhumana cos refuxiados, que foxen da guerra".

FUSIÓNS

Por outra banda, Luís Villares afirmou que a falta de confianza do PPdeG nos concellos e o municipalismo "vaille pasar factura nas municipais".

Por mor da perda de 200 habitantes segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) no censo de Cerdedo-Cotobade un ano despois desta segunda fusión, o portavoz de En Marea asegurou que esa medida foi "un coello sacado dunha chistera" por parte do PP "para librar o debate do Estado da nación".

"Agora o tempo está a darnos a razón", afirmou Villares, sobre unha fusión "irracional" entre localidades "de comarcas e partidos xudiciais diferentes e con dinámicas que non eran coherentes entre si", engadiu.

Para Luís Villares o resultado das fusións foi "un fracaso e unha fraude que consistiu en que se inflaron os números" e agora "foron collidos na mentira".

O portavoz de En Marea reprochou que "non hai estratexia da Xunta en materia demográfica, nin de recuperación do rural e do emprego", ademais de acusar o Goberno galego de "entorpecer a constitución das áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 non son expañol

enton xa non é chiripas de grecia... alguen lembra aquel desfase e o que fixeron os mendas aberrantes do podreiro grego, mandaron mais policías, subiron os impostos e arruinaron o pobo, asi se sae da crisis, que pague o pobo e os ricos nada... señores o estado español deixou de cotizar o patrimonio de grandes fortunas son 40 mil millons de euros perdidos, como e loxico o podreiros esta o caron do pe$oe e non fan nada, ademáis teñen os terroristas da prensa tentando tirar o gobernó... TERRORISTAS!!!! - todo e una farsa o podreiros e un pe$oe bis e a marea son catro gatos do -vieiras que non valen nada... son escravos de expaña!!!! son traidores a Galiza!!! e todo pseudocomunisteria... e todo estafa social... COMUNISMO DE SALON!!!!

2 A por eles oé

Ai Villares ti sempre á última moda.

1 Gamela

Cada día entendo menos a este falabarato... Se quere falar dunha solución demográfica que fale alto e claro (se se atreve!) https://i.gal/gamela13 Fotografía dos doce apóstoles (?)