Temas: CARBALLO

Disparan a unha muller cunha pistola de perdigóns nun intento de roubarlle o bolso

A vítima, de 64 anos, sufriu tres impactos disparados dende un coche.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2018 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Unha muller de 64 anos e residente na localidade coruñesa de Carballo sufriu tres impactos de perdigóns disparados dende un coche por un individuo que a asaltou para roubarlle o bolso mentres se dirixía á súa casa.

Perdigón
Perdigón | Fonte: torange.biz.

Así o confirmaron fontes da Garda Civil de Carballo, que explicaron que o suceso tivo lugar ás 21.00 horas da noite do venres, mentres a muller camiñaba pola urbanización de Costa Nariga, en Riotorto, dirección á súa casa.

"Foi asaltada por un individuo nun coche escuro pequeno", para tratar de roubarlle o bolso. Con todo, "ao final, o home disparoulle cunha pistola de balíns", indicaron. En concreto, tres deles impactaron, dous na man e un no peito.

Segundo informaron estas mesmas fontes, "por agora, non hai datos do autor" e mantéñense á espera de continuar coa investigación. A vítima foi trasladada de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Temas: CARBALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta