Comparte esta noticia

A deputada e politóloga Carolina Bescansa lanzarase, finalmente, a competir pola secretaría xeral de Podemos en Galicia. Unha decisión que supón un novo órdago a dirección do partido en Madrid e, nomeadamente, a Pablo Iglesias, con quen tivo un serio enfrontamento logo da asemblea de Vista Alegre II que acabou coa santiaguesa apartada da dirección.

Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles
Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles | Fonte: voxpopuli

Tras as dúbidas deste luns, Bescansa decidiu coller a luba  que lle lanzou a actual líder do partido en Galicia, Carmen Santos, para competir co candidato "oficialista" --apoiado por Iglesias e a dirección de Madrid-- Antón Gómez-Reino. O deputado de En Marea no Congreso iniciou unha carreira nos últimos días por facerse co apoio dos errejonistas e os anticapitalistas.

A deputada de Unidos Podemos pola Comunidade de Madrid Carolina confirmaba na mañá deste martes que presentará a súa candidatura á Secretaría Xeral do partido nas eleccións internas que concluirán o próximo 25 de outubro. Así o anunciou nunha comparecencia de prensa, despois de que o pasado luns aprazase a súa decisión para manter contactos con outras "sensibilidades" da organización.

 

A decisión de Carolina Bescansa de encabezar unha candidatura proposta pola dirección saínte podería modificar o escenario e aboca a Podemos Galicia a unha nova división de incerto final. De feito, dirixentes de En Marea e das mareas municipalistas xa amosaron o seu temor a que a crise na formación morada poida pasar factura nas municipais.   

 

Ademais, inscritos de Podemos en varias cidades galegas, nomeadamente os de Lugo, traballan na creación doutra candidatura que, de confirmarse, converteríase nunha 'terceira vía' en contraposición ás listas de Gómez-Reino e de Bescansa. Probablemente, o apoio dos círculos locais sexa decisivo neste enfrontamento e os dous candidatos queiran chegar a pactos con eles.

ADVERTENCIAS DE GÓMEZ-REINO

Pola súa banda, e tras conñecer a súa decisión, Antón Gómez-Reino, advertiu a Carolina Bescansa que se opta por "romper a unidade", eles seguirán sendo a "candidatura de encontro e maioritaria".

"Levamos moitos anos traballando en Galicia, construíndo o espazo do cambio, construíndo Podemos Galicia e as mareas, e levamos unhas semanas traballando nun espazo de unidade e de encontro no que está a maior parte dos cargos públicos e orgánicos. Pretendemos pór o foco sobre a unidade, sobre a fraternidade, sobre un Podemos Galicia forte; e creo que por responsabilidade e polo mandato dos inscritos en Vistalegre, ninguén debería de chegar para romper a unidade, creo que sería unha mala noticia se así fóra", recalcou Gómez-Reino.

REACCIÓNS

O alcalde da Coruña e líder de Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, manifestou que espera que, "sexa cal for o resultado" das primarias de Podemos Galicia,formación morada "siga sendo unha forza importante e que axude á confluencia e á unión das forzas do cambio".

Pola súa banda, a coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea no Parlamento galegoEva Solla, considerou "positivo" o debate interno en Podemos Galicia para elixir nova dirección e confiou en que se desenvolva "de forma tranquila".

A corrente Anticapitalistas de Podemos Galicia avanzou que non se incorporarán a listas que busquen "repartirse o poder ou disputarse a baronía" no proceso interno que concluirá a finais do presente de mes de outubro coa elección dunha nova dirección para o partido morado galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Androide

"nun espazo de unidade e de encontro no que está a maior parte dos cargos públicos e orgánicos" inscritas e inscritos pouco valen