Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2018 | Actualizada ás 22:25
Agora Galiza criticou duramente a BNG e En Marea por acudir ao acto que tivo lugar na Cidade de Cultura e no que se escenificou a entrega do famoso cadro de Catelao "A derradeira leiçom do mestre". Un acto polémico porque o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, evitou aludir ao contido e o sentido do propio cadro; a violencia do fascismo durante a Guerra Civil. "Laváronlle a cara ao fascismo", apuntou.
"Se em 1984 a esquerda nacionalista nom aderiu à farsa do traslado dos restos de Castelao de Buenos Aires a Galiza contra a sua vontade, hoje a resposta tinha que ter sido similar. Porém, hoje, na Cidade da Cultura de Compostela, ambas forças optárom por reforçar a "normalidade institucional" que fortalece o regime de 78", apuntou este partido nun comunicado.
Precisamente, Agora Galiza criticou duramente que un acto de "absoluta neutralidade" no que non se falou, precisamente, da esencia do cadro e o sentido que Castelao lle quixo dar cando o pintou. "É umha ignomínia com Castelao e com a resistência antifascista galega e universal, permitir que um dos partidos herdeiros da brutal repressom que a partir do verao de 1936 sementou o país de cadáveres, apresente no monte Gaiás com absoluta naturalidade umha obra de denúncia da barbárie franquista", sinalou.
Por iso, acusou a Feijóo e ao PP de "esvaziar Castelao" con este acto e coa representación dunha obra que debería ser un "alegato antifascista, galego e universal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.