Feijóo ratifica que os empregados públicos recibirán o 100% das súas retribucións cando estean de baixa temporal

O máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os empregados públicos da Xunta volverán percibir o 100% das súas retribucións cando se atopen en situación de incapacidade temporal (IT).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2018 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

O máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os empregados públicos da Xunta volverán percibir o 100% das súas retribucións cando se atopen en situación de incapacidade temporal (IT).

Feijóo no debate do estado da autonomía 2018g
Feijóo no debate do estado da autonomía 2018g

Feijóo fixo este anuncio durante o debate de política xeral, no que avanzou que aplicará a 16.500 empregados da Administración autonómica un sistema de carreira profesional similar ao da sanidade.

"Unha vez se completen todas as melloras acordadas e a que acabo de anunciar, suporá un incremento das nóminas dos empregados públicos de até o 17%", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta