Ana Pontón reclama incrementar en 30 millóns o financiamento universitario

A portavoz do BNG no Parlamento anunciou a presentación dunha enmenda aos Orzamentos da Xunta do ano que vén para "abandonar o contexto de crise".

Por E.P. | VIGO | 17/10/2018 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

Pontón fixo esta declaración tras manter unha reunión co reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa. "É certo que as universidades galegas están a facer moito cos recursos que teñen", afirmou, para engadir que eses recursos teñen que "incrementarse" para dar un "salto adiante". A portavoz nacionalista avanzou que presentará unha emenda aos Orzamentos da Xunta do próximo ano porque, aseverou, hai que "abandonar o contexto de crise" no que se elaborou a actual formulación ecónomica das universidades galegas.

Reunión Ana Pontón co reitor Manuel J. Reigosa.. UNIVERSIDAD DE VIGO
Reunión Ana Pontón co reitor Manuel J. Reigosa.. UNIVERSIDAD DE VIGO | Fonte: Europa Press

"Sería importante que á universidade deixase de apertar o cinto", sostivo, para engadir que, deste xeito, poida cumprir cos obxectivos de "mellorar a precariedade do profesorado" e que se estableza unha mellora na "innovación" e na "investigación" dentro do ámbito universitario. Tamén lle trasladou ao reitor de Vigo a súa intención de "garantir" un acceso igualitario á universidade e apuntou que "o sistema actual de bolsas pode mellorarse moito".

Pontón reclama a transferencia da xestión de bolsas a Galicia e "triplicar os fondos" que lle adica a Xunta a este aspecto "primando" os aspectos económicos. "Que as bolsas sirvan para que a filla dunha traballadora teña as mesmas oportunidades que o fillo dun empresario", aseverou. Pola súa banda, Reigosa agradeceu o "interese" dos grupos políticos pola Universidade de Vigo, á que definiu como "un dos motores do futuro do país" e manifestou a necesidade de "captar talento" despois dos recortes.

Foi "unha reunión frutífera", en palabras do reitor, pois explicou que "concordan" en moitos dos puntos de vista "sobre o papel que a Universidade ten que xogar na promoción da innovación a nivel tanto da cidade, como global do sistema universitario de Galicia".

PULSO INDUSTRIAL

"Temos que recuperar o pulso industrial de Vigo desde a Universidade", asegurou Pontón, quen destacou que a universidade é un "elemento básico" para a cohesión social e "para que teñamos unha sociedade máis formada cunha capacidade crítica para mirar a realidade".

Pontón falou da necesidade dunha "aposta estratéxica" pola "innovación tecnolóxica" desde Vigo e da importancia de establecer "sinerxías" entre o sector industrial e o universitario. Neste sentido, o reitor da UVigo explicou que "no futuro" optarán por "adaptar" a oferta e a demanda das carreiras tecnolóxicas, xa que completan antes a súa cota de matriculacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta