Condenados a prisión tres acusados de tráfico de cocaína e absoltos outros seis en Ourense

O tribunal tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas á hora de ditar a sentenza.

Por E.P. | OURENSE | 22/10/2018 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a tres anos de prisión e a pagar unha multa de 860 euros a tres acusados dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde e absolveu a outros seis por "falta de probas". O tribunal tivo en conta a atenuante de dilacións indebidas á hora de ditar a sentenza.

Xulgados
Xulgados

A Audiencia concluíu na sentenza que uno do tres condenados dedicábase "á adquisición e distribución a terceiros de sustancias estupefacientes na cidade de Ourense" e que os outros dous imputados "axudábanlle" nesta tarefa. Así as cousas, o tribunal considera acreditado a existencia, a finais de 2013, "dun grupo organizado que tiña por obxecto a compra, adquisición e ulterior distribución de sustancias estupefacientes a terceiros" en Ourense.

DECLARACIÓNS DOS SOSPEITOSOS

Así mesmo, os maxistrados fan referencia na sentenza ás declaracións de dous dos sospeitosos, que asumiron "parcialmente os feitos", así como ao comiso de droga "nunha vivenda de libre acceso para os tres acusados", á intervención de cocaína no vehículo dun dos sentenciados e á interceptación de folios impregnados de cocaína procedente de Sudamérica.

A resolución do caso, cuxas sesións orais se desenvolveron na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense os días 2, 4 e 5 de outubro deste ano, non é firme e contra a mesma cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo nun prazo de cinco días após a súa notificación ás partes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta