Folga de tren en Galicia en véspera da ponte, por un servizo "público e de calidade"

CXT denuncia que en 2018 "se suprimiron máis de 80" convois na Comunidade "por falta de maquinistas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2018 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A Confederación Xeral de Traballo de Galicia  (CXT) convocou folga do persoal de Renfe e Adif para este mércores, 31 de outubro, en "defensa dun ferrocarril público, social e de calidade" e "contra a privatización" do servizo e a "falta de persoal".

Tren chegando a unha estación
Tren chegando a unha estación | Fonte: EP

En total, segundo calcula a central, veranse reducidos oito trens de media distancia na liña Vigo-A Coruña e dous trens Avant A Coruña-Ourense. Ademais, non circularán os trens hotel de longa distancia Galicia-Madrid, o Intercity Vigo-Euskadi nin tampouco o oito conexións con Portugal.

Nun comunicado, o sindicato explica que en 2018 "se suprimiron máis de 80" convois na Comunidade "por falta de maquinistas", á vez que circularon no corredor atlántico "1.200 trens sen persoal de comercial e atención ao viaxeiro en ruta".

Asegura tamén que os despachos de venda de billetes teñen "longas ringleiras porque habitualmente hai só un traballador atendéndoas", así como que "cada vez hai menos traballadores e máis traballo" nos talleres de mantemento de trens".

En canto á privatización, a CNT sostén que as manobras en apartadeiros como As Gándaras (Lugo), o control de acceso de Ourense, o centro de servizos de Santiago e a venda de pasaxes no Barco e A Rúa (Ourense) son xestionados "por empresas privadas ante a falta de cadro de persoal ferroviario".

De igual modo, a central pide cumprir a Lei de Orzamentos Xerais e que se estableza "a xornada de 37,5 horas" por semana, pois esta "segue sen aplicarse" nin en Renfe nin en Adif. Ademais, a CNT demanda xubilacións parciais que leven parellos contratos de substitución que permita "rexuvenecer" ao persoal --a idade media actual é de 54 anos--.

Así mesmo, o sindicato carga contra as dúas empresas públicas por establecer uns servizos mínimos "abusivos, que obrigan a traballar ao 100%" do persoal de intervención, condución e despachos de billetes. Por iso, a CNT di estar "a estudar" a súa denuncia nos xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta