A Xunta xustifica a suba do paro porque en outubro "sempre aumenta"

Di que é a "menor alza en toda a serie histórica" tras subir o paro máis dun 2% o pasado mes, superior ao incremento do conxunto do Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2018 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, apunta que en outubro se produce unha subida habitual do paro respecto ao mes anterior debido á caída do emprego estacional do verán, aínda que valora que o incremento do 2,06% é a segunda menor alza en toda a serie histórica.

Paro outubro
Paro outubro

Nun comunicado, Toca remarca que pese ao incremento do paro a contratación indefinida creceu un 1,56% no mes de outubro na Comunidade galega. Ademais, indica que o avance do desemprego é inferior á media rexistrada desde o inicio da crise.

Aínda que o paro intermensual crece en Galicia a maior ritmo que a media española, a Xunta pon o foco sobre que a caída interanual é maior en dous puntos en Galicia (-8,69%) que no Estado (-6,12%).

Deste xeito, subliña que Galicia conta con 16.159 desempregados menos que hai un ano, polo que se sitúa en niveis de desemprego de hai unha década. Son cinco anos consecutivos de baixadas na evolución anual, desde novembro de 2013.

Neste sentido, destaca que as afiliacións á Seguridade Social seguen por riba da barreira do millón. Aínda que se perden 690 afiliados en outubro fronte a setembro, o Goberno galego destaca que progresan un 2,35% en comparación cun ano antes, a maior subida desde 2007.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta