15 empresas compiten por executar a pasarela peonil da intermodal de Santiago

A Consellería de Infraestruturas prevé iniciar no primeiro trimestre de 2019 a execución dos traballos desta infraestrutura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2018 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Un total de 15 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras da pasarela peonil da futura estación intermodal de Santiago, que suporá un investimento de 5,6 millóns de euros.

Recreación da estación intermodal de Santiago de Compostela.
Recreación da estación intermodal de Santiago de Compostela.

Segundo informou a Xunta, a Consellería de Infraestruturas prevé iniciar no primeiro trimestre de 2019 a execución dos traballos desta infraestrutura, que cofinancian a Xunta de Galicia, Adif e o Concello de Santiago, en virtude do convenio de colaboración asinado polo tres administracións.

Estas obras compasaranse ás de execución, xa iniciadas, da nova estación de autobuses, na que a Xunta inviste 10,4 millóns de euros.

Ambas as intervencións, a nova estación de autobuses e a pasarela de interconexión entre terminais, conforman a primeira fase da estación intermodal de Santiago. Coa cofinanciación das obras da pasarela, a achega da Xunta á intermodal de Santiago superará os 12 millóns de euros.

Nas obras da pasarela distínguense tres zonas representativas, unha cara á cidade, outra sobre vías e plataformas, nas que a construción estará condicionada polo funcionamento da estación de ferrocarril, e a zona da estación de autobuses.

A execución da pasarela peonil urbana que conectará a estación de ferrocarril coa nova estación de autobuses servirá, ademais, para a mellora a conexión entre dúas zonas da cidade de Santiago separadas pola infraestrutura ferroviaria, os barrios do Ensanche e Pontepedriña, garantindo o tránsito dos usuarios entre a rúa Clara Campoamor e a estación de ferrocarril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta