Envían a prisión a 10 dos 11 detidos na operación antidroga en Madrid e Galicia

Nas últimas horas tamén detiveron catro persoas máis en Colombia e en total son 15 detidos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/11/2018 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O xuíz da Audiencia Nacional Diego de Egea ordenou este sábado prisión provisional para 10 dos 11 detidos na operación antidroga desenvolvida o pasado xoves en Galicia e Madrid, aínda que un deles poderá eludir o cárcere co pago dunha fianza de 25.000 euros.

Dispositivo da Garda Civil
Dispositivo da Garda Civil

Segundo informaron  fontes xurídicas, o maxistrado de reforzo deixou en liberdade con medidas cautelares ao último dos sospeitosos, que deberá comparecer periodicamente no xulgado máis próximo, entregar o seu pasaporte e non poderá saír de territorio nacional.

Axentes do Greco (Grupos de Resposta Especial para o Crime Organizado) e a Brigada Central de Estupefacientes detiveron o xoves a catro acodes en Madrid, a dous no municipio galego de Ribadumia e a outro cinco en Pontevedra, onde tamén atoparon 650 quilos de cocaína nun chalé á beira do río Lérez.

Segundo fontes da investigación, producíronse nas últimas horas catro detencións máis en Colombia, polo que a cifra de supostos implicados ascendería a 15. De feito, a operación continúa aberta e non se descartan máis arrestos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta