Temas: SARRIA ACCIDENTE

Inician os trámites para repatriar o cadáver do mozo falecido en Costa Rica

Dous irmáns de Pedro López, o rapaz de Sarria atropelado no país caribeño, viaxan ata alí para acelerar o proceso. Na localidade sarriana celebrouse un acto na honra do falecido.

Por E.P. | LUGO | 19/11/2018 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os dous irmáns de Pedro López, o mozo de 20 anos que faleceu o venres após ser atropelado por un "vehículo de alta gama" en Costa Rica, viaxan ao país caribeño para acelerar a repatriación do cadáver e enterralo no municipio lucense de Sarria.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Así o confirmou a alcaldesa desta localidade, Pilar López, que lembrou que este domingo se celebrou unha misa polo rapaz, un acto ao que acudiu "unha importante cantidade de xente" para trasladar as súas condolencias á familia, que está "feita po".

A rexedora explicou que o mozo cursaba Medicina en Costa Rica e era unha persoa "moi activa" e moi "querida" polos seus compañeiros e profesores do colexio La Merced, onde estudara.

A alcaldesa de Sarria explicou que tiveron coñecemento do accidente sobre as "seis da tarde" do venres, cando transcendeu que Pedro e outro mozo, co que compartía piso, foran atropelados por un BMW "de alta gama, que ía a unha velocidade tremenda", mentres eles circulaban en patinete. O outro mozo só sufriu feridas leves.

Temas: SARRIA ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta