Un debate sobre a violencia de xénero na Cámara remata en violencia verbal

O líder de En Marea di que derogar a lei do aborto é "mandar á muller á caverna" e a líder do BNG insinúa que Feijóo tamén é "manada". O presidente censura a catadura moral de Pontón e critica que faga seguidismo dos actos de ERC no Congreso. Denuncia a Villares por mesturar o plan para as embarazadas con temas relixiosos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2018 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A sesión de control deste mércores no hemiciclo galego, moi centrada en violencia machista, unha cuestión pola que tanto BNG como En Marea preguntaron ao presidente, Alberto Núñez Feijóo, derivou nunha rifa con duros cruces de acusacións entre os portavoces de ambos os grupos e o xefe do Executivo, a quen a líder nacionalista instou a "demostrar que non forma parte dunha 'Manada'".

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento de Galicia. Europa Press - Archivo
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento de Galicia. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

Ás portas do 25-N, Pontón abriu a sesión de control lembrando ao tres vítimas mortais de violencia machista e ás 45 mulleres asasinadas na última década. A continuación, expuxo varias propostas que instou a aceptar á Xunta, antes de referirse ao caso de 'La Manada', para advertir que "hai moitas 'manadas': na xustiza, na política e nas institucións".

Ao tempo, urxiu a Feijóo a "demostrar" con actos que "non forma parte de ningunha delas", unhas palabras que provocaron malestar nas filas do PP e no propio presidente, quen censurou a "catadura moral" da deputada e advertiu que, se "lamentable" é que un deputado de ERC "cuspa" ao ministro Josep Borrell, aínda é "máis lamentable" que a portavoz nacionalista o identifique cunha 'manada'".

PRECARIEDADE E VIOLENCIA MACHISTA

Na súa quenda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, alertou do "vínculo" entre a "precariedade" do desemprego feminino coa incidencia da violencia machista, ademais de afear a "tacañería orzamentaria" da Xunta no que respecta aos programas de apoio á igualdade e á conciliación.

O dirixente rupturista tamén botou en cara a Feijóo outros programas como o plan de apoio á muller embarazada, o que interpretou como "unha escusa" do seu Executivo para apoiar a "entidades de carácter relixioso". Así mesmo, alertou da "deriva conservadora e até patriarcal de líderes do PP" como Pablo Casado, que quere "derrogar a lei do aborto de 2010 e mandar ás mulleres á caverna".

Indignado coas "barbaridades" de Villares, Feijóo censurou que identifique o plan de apoio á embarazada con "unha chiscadela a temas relixiosos". "Coidar á muller embarazada é un tema ideolóxico da caverna do PP? Os xinecólogos e pediatras son todos uns talibán ideolóxicos e o que hai que facer é non coidalas? Evitar o cancro de cérvix é un tema ideolóxico? Pero en que país viven? Que respecto teñen ás mulleres?", preguntou o presidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Salgueiro

Home, se entendemos que un se mete na política por mor de ter unha sociedade máis xusta, unha xustiza máis xusta e uns lexisladores máis xustos, estaría mal decirlle a Feijoo iso que dixo Pontón. Pero sabemos ben que forma parte dun entramado mafioso e organizado. Polo que non me preocupa o máis mínimo que se sinta "ofendido". Lembro o programa de Calleja na tv. con Agatha Ruíz de la Prada, a ex de Pedro J. Ramírez. Separáronse cando él se namorou doutra muller. Non se separaou cando perante anos estivo azuzando no seu medio que o 12-M foi ETA e non os radicais árabes. Aí non pensou en divorciarse dese sinvergonza. Non, a xente pixa divórciase só pola "competencia".

1 anonimo

Buscando desesperadamente o impacto mediático