Biofactoría, un proxecto para desenvolver a innovación tecnolóxica no sector da auga

Desenvolverá solucións tecnolóxicas innovadoras para a obtención de subproductos de alto valor engadido a partir de correntes residuais.

Por GC Emprende | A Coruña | 24/11/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Viaqua e a Fundación Centro Galego de Investigacións da auga, Cetaqua, xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), impulsarán un novo proxecto Biofactoría, para obter subprodutos de valor engadido a partir de correntes residuas. Este proxecto enmárcase dentro da Unidade Mixta “Centro de Innovación de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga” (CIGAT).

Laboratorio da Unidade Mixta entre Viaqua e Cetaqua no que se investigan avances relacionados ca auga
Laboratorio da Unidade Mixta entre Viaqua e Cetaqua no que se investigan avances relacionados ca auga | Fonte: viaqua

Esta Unidade Mixta, nacida no marco da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), desenvolverase durante o próximos tres anos e mobilizará un investimento de 1,86 millóns de euros, supoñendo 11 postos de traballo cualificados, 5 deles de nova creación. 

A consolidación desta Unidade Mixta dá continuidade ao modelo de colaboración público-privada iniciado en 2015 e sitúa a Galicia á vangarda da innovación tecnolóxica no sector da auga.  CIGAT-BIOFACTORIA ten como misión o desenvolvemento e transferencia a mercados de novas solucións tecnolóxicas que fagan efectivo o tránsito cara a novos modelos de economía circular mediante a revalorización material de diferentes correntes residuais, tanto urbanas como industriais.

No seu claro compromiso co territorio, Viaqua impulsa a investigación, o desenvolvemento e a innovación en Galicia a través da súa estreita colaboración con Cetaqua. No marco da recentemente aprobada Unidade Mixta, boa parte dos seus esforzos centraranse na moderna EDAR de Ourense, a cal situarase como unha instalación pioneira a nivel mundial no campo da biorrefinería, é dicir, na obtención de produtos de alto valor engadido baseados no carbono non obtidos do petróleo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta