O TSXG anula a orde da Xunta sobre os servizos mínimos na folga de telefonistas do 061

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima o recurso interposto pola CIG, porque o decreto da Xunta carece “dunha motivación adecuada”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/11/2018 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A sección primeira da sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a orde do 31 de xullo de 2018 da Consellería de Sanidade na que determinou os servizos mínimos durante a folga deste verán levada a cabo polo persoal de operacións telefónicas da Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061.

Concentración de traballadores do 061 en San Marcos, Santiago. REMITIDA SINDICATOS
Concentración de traballadores do 061 en San Marcos, Santiago. REMITIDA SINDICATOS

O tribunal anulou a orde impugnada en canto á determinación dos servizos mínimos establecidos durante a folga ao persoal do Grupo Norte, empresa que xestiona a Central de Coordinación da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061.

O TSXG argumenta no fallo que o decreto da Xunta carece “dunha motivación adecuada” que xustifique o cento por cento dos efectivos que fixaba como servizos mínimos.

A sala indica que a Consellería de Sanidade non especificou o número de telefonistas afectados polos servizos mínimos nin o número de traballadores que integran os cadros de persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta