O Concello de Manzaneda demanda a Red Eléctrica Española

Acúsaa de non desmantelar un liña obsoleta que segue en funcionamento tras a construción dunha nova.

Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 07/12/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O Concello de Manzaneda anunciou que acaba de demandar a Red Eléctrica Española por incumprimento do convenio asinado no que se comprometía a desmontar a liña obsoleta de Alta Tensión entre Trives e Aparecida.

Estación eléctrica con liñas de alta tensión
Estación eléctrica con liñas de alta tensión

O consistorio tomou esta medida tras enviar o 1 de xuño do presente ano un requirimento a REE instandoa a desmontar de forma inmediata a antiga liña de 220 kw “co fin de evitar os evidentes perxuizos que a súa existencia actual supón”. Desde entón, non recibíu  “ningunha resposta por parte da compañía eléctrica”.

En setembro do ano 2009, Rede Eléctrica de España S.A.,proxectou o transporte de enerxía eléctrica de nova xeración en Galicia e Castela León. Argumentouse a necesidade de alimentar electricamente o futuro tren de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid-Zamora-Ourense-Vigo, ademais de indicar a mellora da seguridade e calidade da subministración en Galicia e Castela-León e posibilitar a exportación da crecente produción de orixe eólica. Por ese motivo, instalou a “liña aérea de transporte de enerxía eléctrica, a 400 kV, dobre circuíto para conectar as subestacións de Trives (Ourense) e Aparecida (Zamora)”.

Na Declaración de Impacto Ambienta sinálase que a nova liña de alta tensión de 9,780 quilómetros, substituiría á actual liña de transporte de enerxía eléctrica de 220 kV de simple circuíto. “Afirmando taxativamente que esta última liña será desmontada unha vez que se puxo en servizo a futura liña eléctrica a 400 kV”, din desde o concello.

Con todo, o devandito compromiso non se cumpriu e actualmente están en funcionamento, desde hai dous anos, e discorren polo municipio, unha liña de 400 kV (simple circuíto) e a antiga liña de 220 kV. “En consecuencia, os veciños e veciñas de Manzaneda, entre outros, teñen que soportar, sete anos despois, dúas liñas de alta tensión ao seu paso por este municipio contravindo así os acordos alcanzados, o que resulta, de xeito evidente, unha anormalidade que debe corrixirse canto antes”, engaden.

Esta cuestión foi xa levada ao Parlamento galego por Davide Rodríguez, ex alcalde desta localidade e deputado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta