Feridas cinco persoas nunha colisión con catro vehículos implicados en Moaña

O suceso ocorreu no lugar do Calvar. Outras catro persoas resultaron ilesas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/12/2018 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas este sábado nun accidente de tráfico ocorrido no municipio pontevedrés de Moaña, no que se viron implicados catro vehículos.

Segundo a información do  CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 14.00 horas na PO-551, ao seu paso polo lugar do Calvar, onde chocaron catro vehículos.

Ata a zona foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico así como persoal sanitario do 061, que atendeu a cinco feridos. Outras catro persoas resultaron ilesas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta