Vídeo: a primeira muller gaiteira de Irán introduce a música galega no seu país

Liana Sharifian presenta un vídeo no que mestura a gaita galega coa iraniana.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/12/2018 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Liana Sharifian é a primeira muller gaiteira de Irán, país no que teñen a súa propia gaita, a Ney-anban, instrumento milenario que agora conecta aquel país coa tradición musical galega. Porque Liana estivo en Ourense aprendendo a gaita galega baixo a tutela do mestre Xosé Lois Foxo, fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Liana Sharifian.
Liana Sharifian.

Agora, Liana comeza a exhibir a aprendizaxe adquirida en Galicia, compoñendo pezas nas que mestura o seu dominio das gaitas iraniana e galega, cun resultado sorprendente.

Liana é filla de Mohsen Sharifian, un dos más importantes intérpretes de música tradicional de Irán e virtuoso da Ney-anban. Agora, Liana estrea este vídeo no que a gaita galega convive coa iraniana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta