O Deza, a comarca cos mellores meles de Galicia

Na Cata de Queixos de Galicia houbo premios para as queixerías de Arzúa-U/lloa, tetilla, San Simón da Costa e Cebreiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/12/2018 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A XVII Cata dos Meles de Galicia constatou este martes que se hai un unha comarca na que pode presumir deste doce néctar esa é a do Deza, en Pontevedra. E é que as marcas lalinenses Mel do Saldoiro, do produtor Antonio Gómez Tapia, e Mel O Cortizo, de Avelina Calvo Munín, alzáronse coas distincións de ouro nas categorías mel monofloral e mel multifloral respectivamente.

Premio da Cata de Meles de Galicia
Premio da Cata de Meles de Galicia

Na categoría de meles monoflorais, Mel Veiga Florida, de Maribel García Porto, de A Rúa, Ourense, facíase coa distinción de prata; mentres o bronce recaía en Enxebre, da envasadora González Carballal, S.L. Ourense. Todos os meles monoflorais correspondíanse coa variedade mel de castiñeiro.

No que respecta aos meles multiflorais con etiqueta Mel de Galicia, Abellas do Blas, de Blas González Claudio, de Vilar de Barrio, Ourense; Meles JS, pertencente a Souto Vivo, C.B., Vigo, e Enxebre, de González Carballal, S.L. , de Ourense, facíanse co cuarto, o quinto e o sexto posto respectivamente.

O bronce corresponderíalle a Carlos González Iglesias e á súa marca O Garabulleiro, de Ourense, mentres a distinción de prata íase para Barbanzamel, da produtora Abelleiros Fidosa, S.L, de Porto do Son, A Coruña.

QUEIXOS

O Hotel Monumento San Francisco, de Santiago de Compostela, acolleu este martes a gala de entrega destes galardóns, así coma os da XXI Cata dos Queixos de Galicia. Así, na categoría de Queixo tetilla os premiados foron Don Crisanto (ouro), Queinaga (prata) e Daniberto (bronce).

Na Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa os galardóns foron para Dona Cobiña-Cobideza (ouro), Alimentos Ruta Xacobea (prata) e Bama (bronce); e en Arzúa-Ulloa curado, o premio foi para Artelac, da queixería do mesmo nome. Na DO. San Simón da Costa o queixo que logrou o ouro foi Don Crisanto, Fontela logrou a prata e Daniberto alzouse co bronce. E na DO. Cebreiro o Ouro foi para Gran Despensa dá Real Abadía de Samos e como queixo curado o galardón foi para Santo André.

FACTURACIÓN

Os queixos e os meles de Galicia con certificación facturan máis de 36 millóns e o número de produtores en activo, que chega aos 23.000. O pasado ano a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia alcanzou un valor económico superior aos dous millóns de euros, mentres que as catro denominacións de orixe queixeiras superaron os 34 millóns, situándose tanto o Arzúa-Ulloa como o Queixo de Tetilla nas primeiras posicións do ránking de queixos nacionais: por produto comercializado atópanse no segundo e cuarto posto, respectivamente; mentres que por valor económico se sitúan no segundo e no quinto, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta