Temas: NADAL LOTARíA

Parte de dous quintos premios cae en varias localidades galegas

O 7.568 e o 29.031 están dotados con 60.000 euros á serie.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2018 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Parte de dous quintos premios do Sorteo do Gordo, dos números 7.568 e 29.031, dotados con 60.000 euros á serie, caeron en varias localidades galegas na mañá deste sábado.

Persoas disfradas acoden ao Teatro Real de Madrid para gozar do Sorteo Ext. Eduardo Parra - Europa Press
Persoas disfradas acoden ao Teatro Real de Madrid para gozar do Sorteo Ext. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

No caso do 7.568, foi vendido nos municipios coruñeses de Val do Dubra e Abegondo. En Abegondo, foi a administración da rúa San Marcos a encargada de vender un billete con dez décimos, polo que repartiu 60.000 euros que, segundo asegurou a loteira, Conchi García, está "moi repartido" polo municipio.

Sobre se xa se achegou alguén a celebralo, di que, "de momento, non", porque "a xente dos pobos non quere que se saiba". No entanto, dixo estar "moi contenta", porque é unha administración que xa repartiu algún ano outro quinto e mesmo dous primeiros premios. "Aínda que podiamos repartir máis", chanceou.

Pola súa banda, a administración da rúa Arcai Benbibre de Val do Dubra tamén vendeu o 7.568, aínda que foi por máquina e non poden calcular canto repartiron.

O 7.568 número foi cantado ás 9.28 horas no cuarto arame da primeira táboa. Nerea Parella Martínez, moi emocionada, e Alonso Dávalos Durán cantaron número e premio e Santos Felipe Heredia Arias e Daniela Parella Matínez extraeron as bólas.

Pola súa banda, o 29.031 foi moi repartido por toda a xeografía española, xa que se vendeu en 35 provincias. En concreto, en Galicia foi parar a nove municipios: Meira (administración de Praza Maior), Ferrol (Avenida de Esteiro), Cee (Centro Comercial Finisterrae), Cedeira (Avenida de Castelao), Noia (Montero Ríos), Barbadás (Avenida Celanova), Vilanova de Arousa (Avenida Agusto Bicada), O Porriño (Ramón González) e Pontevedra (Eduardo Pondal).

O 29.031 foi cantado ás 10.01 horas no quinto arame da segunda táboa. Nazaret Blanco Carrizal e Nicole Valenzuela Vázquez cantaron número e premio, e A. Malika Ben Hamdouch e José Antonio Siri Frías, extraeron as bólas.

Temas: NADAL LOTARíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta