O último quinto premio cae nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo

O 2.308 caeu en trece municipios, nos que repartiu 126.000 euros .

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/12/2018 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

O último quinto premio, o 2.308, repartiu un total de 126.000 euros por 13 municipios das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

Lotaría de Nadal
Lotaría de Nadal | Fonte: EP.

As administracións máis premiadas foron as da rúa Cividanes de Oleiros (A Coruña) e o da rúa Compostela de Portomarín (Lugo), que venderon catro décimos cada unha.

Na Coruña vendeuse en: Oleiros (catro décimos), Abegondo (1), Coristanco (1), A Coruña (1), Santiago (1) e Santa Comba (1). En Lugo en: Portomarín (4), Guitiriz (2), Carballedo (1) e Meira (1). En Pontevedra en: Vigo (2), Gondomar (1) e Meis (1).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta