Duas varas de medir

“Voume sen rancor”.Así, con este epitafio mediático, coñeciamos o finiquito de José Luis Méndez Pascual como conselleiro delegado da Corporación Industrial de Novacaixagalicia.

Por Xesús Veiga | Santiago | 09/07/2011

Comparte esta noticia

É posíbel que saibamos antes a identidade dos autores da desaparición do Codex Calixtinus  que a cantidade percibida polo fillo do ex-director xeral de Caixagalicia para aceitar o abandono do seu posto directivo.Ao mellor, esta exhibición de opacidade ten unha explicación.Poucos días antes, publicábanse as retribucións anuais que van recibir Rodrigo Rato e outros dous máximos executivos de Bankia:10,1 millóns de euros, sen contar o soldo como conselleiros, as dietas e os complementos.Total:unha minucia comparada coa excelente xestión do que foi director xerente do FMI cando se estaba cebando a bomba das hipotecas lixo e non sabía ou non consideraba procedente informar ás opinións públicas sobre a treboada que ía colocar na UVI a varias economías familiares do planeta.

Méndez Pascual non se sinte interpelado polas demandas de transparencia que emanan dos movementos cívicos que queren rexenerar a vida social.Non quere facilitar a realización dos mesmos odiosos cálculos que se poden derivar do caso dos tres executivos de Bankia.Cántos mileuristas poderían sobrevivir con eses 10 millóns?Qué caste de inmortalidade laboral terían que posuír a maioría das persoas asalariadas para acurtar as distancias abismais con semellantes emolumentos?

Nestes últimos anos ten medrado un clima de maior esixencia social a respecto das retribucións dos cargos políticos e do seu necesario coñecemento público.Poren, non existiu unha opinión simétrica no caso dos executivos das empresa privadas ou nos comportamentos rexistrados no mercado de futbolistas de elite.Esta dualidade valorativa segue persistindo na opinión publicada:a belixerancia que se transmite na grande maioría de editoriais e comentaristas cando se fala das prácticas políticas non aparece cando os posíbeis afectados pola crítica teñen apelidos como Botín, Rato, González, Méndez....Certamente, hai responsábeis políticos que dan motivos para alimentar esa desafección que constatan reiteradamente os inquéritos.Pero non resultan menos evidentes as obscenas realidades que destilan as cúpulas bancarias cando tratan de facer caixa nos seus patrimonios particulares como se estiveramos no país da igualdade de oportunidades, a xustiza social e a competencia perfecta.
A transparencia e a posibilidade do exercicio da liberdade crítica é a primeira condición para manter as constantes vitais dun réxime democrático.O que está pasando en Inglaterra con Rupert Murdoch –propietario de News of the World- e as súas relacións con Cameron é un serio aviso sobre as relacións de poder realmente existentes e as graves consecuencias que se derivan para o propio núcleo duro do sistema político e social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.