Aparece o cadáver dunha muller nos vestiarios dun campo de fútbol de Ferrol

Un home atopou o corpo en descomposción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2019 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

Un veciño de Ferrol localizou na mañá deste sábado o cadáver dunha muller en estado de descomposición no interior dos vestiarios dun campo de fútbol en desuso da cidade.

Campo de fútbol
Campo de fútbol | Fonte: Wikipedia

Segundo informou o Concello de Ferrol, a persoa que atopou o corpo entrou nos vestiarios do campo de San Xoán buscando a orixe do mal cheiro que se percibía pola zona.

No interior dos vestiarios do campo --propiedade da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb)-- localizou un cadáver en estado de descomposición dunha muller.

Polo momento descoñécese a identidade da falecida, aínda que o goberno ferrolán baralla que se trata dunha muller que pasaba a noite nas instalacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 RAMIRO DE YOLI

A xente durmindo na rúa a pesar de que Saínza Ruíz, deixa miles de euros do orzamento de Servizos Sociais en Ferrol sin gastar