Só mediante a denuncia podemos coñecer o que realmente sucede e cicais cando estas denuncias cheguen a ter
teremos a posibilidade de transformar os procedementos democráticos esixindo SOLUCIÓNS!
aposta claramente polo futuro transformador dos medios na creación dunha nova sociedade. Faino nunha entrevista realizada con motivo da presentación do libro
do xornalista, de orixe galego, Ignacio Ramonet.
O segundo Proxecto de Liberdade para Galicia é a
Rede Social CABOZO, verdadeira rede de comunicación, que leva máis de tres anos ofrecendo os seus servizos ante o inxeplicable mutismo dos mediáticos convencionais.
CABOZO está a piques de estrear un novo deseño e completar tódalas súas funcións coma Rede Social verdadeiramente amigable que non ten nadiña que envidiar ás demáis redes sociais de importación.
CABOZO non precisa polo momento axudas económicas o que precisa con URXENCIA é darlle valor a un producto completamente galego e orixinal (por máis que atopedes certas semellanzas con outras redes sociais coñecidas)
Cabozo leva tempo ofrecendo o que "outros" publicitan coma grandes novidades tecnolóxicas (p.ex. Google +).
En
CABOZO tedes pleno control dos vosos contactos, podedes crear grupos privados ou públicos, álbumes fotografícos, vídeos, fantásticas xeolocalizacións para usuarios mobil, sindicación de noticias dos principais medios (Galicia Confidencial, Xornal de Galicia, Faro de Vigo, Galiciaé, Crónica3, CodigoCero, El Pais, El Mundo, Público, CincoDías, Muy Interesante, Gizmondo, Menéame, Chuza...) e por se todo isto fose pouco dispón dunha ferramenta explosiva:
a VIDEOCONFERENCIA A CATRO BANDAS simultaneas, mediante Ustream.
Pensade por un momento nas infinitas utilidades que estes servizos poden ofrecer a calquera usuario da rede
CABOZO.
CABOZO xa estaba aquí antes de que moitas das redes máis populares activaran servizos semellantes pero aínda así moi pouca xente nesta Terra quixo recoñecer este magnifico traballo.
¿Que terán as redes foráneas que todo o mundo presume de estar nelas? Cando a confidencialidade e a propiedade intelectual está en entredito, cando as reclamacións fanse ante tribunais dos EUA, cando nin siquera falan galego nin entendemos a metade dos trebellos informáticos que empregan para facer o seguimento dos usuarios... todos coma autómatas abrimos unha conta en FaceBook ou Twitter sen pensalo dúas veces!
CABOZO permite enlazar, se o desexas, a túa conta en Twitter directamente no teu perfil en Cabozo, facilitando así a
interconectividade entre as distintas redes sociais.
Esta potente
INTERCONECTIVIDADE de CABOZO anticipa o futuro de xeito visionario. Cando as demáis redes socias sigan este camiño poderemos falar dunha verdadeira
Rede de Redes Socias.
É frustrante para Galicia ver como os seus creadores (enxeñeiros informáticos, community managers...) acadan mellores oportunidades en Alemaña ou no Silicon Valley... mentres Galicia segue orfa e semella estar condeada a ir sempre detrás dos demáis na innovación e no mundo da comunicación e das novas tecnoloxías...
¿Por que Galicia non vai poder exportar REDES SOCIAIS GALEGAS? Se as demáis redes teñen a súa traducción a centos de idiomas, o mesmo podería facer Cabozo se quixeramos apoiar este proxecto coa nosa participación.
Cabozo hoxe funciona mediante invitación (cada usuario dispón únicamente de 5 invitacións) esta decisión dos administradores prodúxose ante a cantidade de contas de usuario que carecían de tráfico e participación algunha; a medida tomouse coa intención de ser máis selectivos á hora de
ofrecer o producto a quen verdadeiramente o aprecia e ten interés nel. Esta situación (
supoño provisional) pode ter efectos non desexados,
máis sen dúbida a terra debe ser para quen a traballa!
Cómpre apostar por un xornalismo de investigación e libre de intereses espurios:
faite suscritor de Galicia Confidencial.
Cómpre dar valor ás ferramentas propias de comunicación social:
participa na Rede Social Cabozo.
Gracias por vivirmos en galego... cada día máis...
Este é un texto publicado directamente por un usuario a través da canle GCaberto,
rexístrate para poder publicar gratis.