Ciudadanos critica que o Goberno rexeite crear unha unidade de prevención da Policía Nacional en Pontevedra

O portavoz provincial da formación laranxa sinala que as alegacións dadas polo Executivo central non serven "para que permaneza na poltrona o señor Sánchez".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2019 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A concelleira de Cidadáns no Concello de Pontevedra, María Rei, criticou o rexeitamento do Goberno estatal a crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Policía Nacional nesta cidade, así como a "inconcreción" sobre o número de efectivos que se incorporarán á Comisaría pontevedresa. María Rei compareceu este xoves en rolda de prensa acompañada polo portavoz provincial de Cidadáns (Cs), Javier Alonso, e do portavoz autonómico do sindicato Unión Federal de Policía (UFP), Agustín Vigo.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

A concelleira fíxose eco da resposta do Executivo de Pedro Sánchez á pregunta do deputado de Cs Miguel Ángel Gutiérrez en relación a esta cuestión e subliñou que esta resposta, na que se esgrimen "razóns técnicas" para xustificar a súa decisión, evidencia que "PSOE e PP demostran unha vez máis que non apostan por Pontevedra". "Son os policías e os seus sindicatos bastante máis técnicos que calquera dos políticos que sentan no Congreso", reprochou a concelleira.

O portavoz provincial de Cs, Javier Alonso, sinalou que esas cuestións técnicas alegadas para non crear a UPR son "que isto non vale para que permaneza na poltrona o señor Sánchez", e apuntou que este problema non existiría se os policías fosen "doutra comunidade ou doutro corpo". Así mesmo, Alonso realizou un chamamento ao resto de grupos municipais para que se somen ás actuacións que vaian levar a cabo os representantes policiais, aínda que dixo ser consciente de que a algún lle custará máis".

O sindicato UFP leva cinco anos reclamando a Unidade de Prevención e Reacción e valorou a resposta do Goberno como "unha grave falta de respecto a Pontevedra", polo que anunciou mobilizacións. "Estamos moi indignados porque os policías estamos a xogarnos o pelello cada vez con menos efectivos para situacións cada vez máis complicadas", dixo. Finalmente, tamén criticou á subdelegada do Goberno, Maica Larriba, á que o sindicato UFP trasladara as súas demandas "e nin sequera tivo a delicadeza de chamar e dicir por onde van os tiros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta