Novos casos de traballo escravo para Zara no Brasil

Os principais xornais galegos están a censurar a noticia, pero o certo é que Zara está sufrindo arestora unha das súas maiores crises de imaxe a nivel global.

Por Galicia Confidencial | Sabón | 20/08/2011 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Importantes medios internacionais como a BBC ou Telesur e a práctica totalidade dos xornais estatais xa recolleron como o Goberno brasileiro detectou 15 traballadores en condicións similares á esclavitude nun taller en Sao Paolo.

None

Agora o escándalo aumenta de dimensión. Segundo o Ministerio de Traballo do Brasil detectáronse as mesmas irregularidades en até 33 talleres subcontratados para Zara. O diario O Globo, un dos máis importantes do brasil, cita fontes oficiais para denunciar as condicións insalubres de traballos e os salarios paupérrimos dos inmigrantes ilegais. 

No caso dos últimos 15 traballadores "liberados", tiñan xornadas de até 16 horas, entraran no Brasil grazas a mafias de inmigración ás que lle debían pagar parte do seu mísero salario, entre 90 e 130 euros ao mes. Traballaban a penas sen espezo nun taller-vivenda sen as condicións mínimas de salubridade. 

A empresa da que dependían chámase AHA. Inditex admitiu que é unha das súas provedoras no Brasil, como tamén proban as etiquetas atopadas nos talleres. 

Agora ben, a firma baseada en Sabón teima en que non ten responsabilidade, pois sería AHA a responsábel de cumprir o código de conducta que Inditex di obrigar a asinar a todos os seus provedores. No aire queda a cuestión se a empresa que dirixe Pablo Isla vixía que o contrato non é un simple papel mollado. 

None

O Globo apunta que en maio liberáronse no Brasil outros 52 operarios en condicións de semi-esclavitude. A maioría deles tamén cosía para Zara, neste caso na cidade de Americana. 

Zara aínda non emitiu ningunha nota oficial sobre o caso. A maioría dos medios galegos gardaron silencio sobre o escándalo que afecta a unha compañía que gasta importantes cantidades en publicidade en tempo de rebaixas. 

Inditex asegurou extraoficialmente que está a colaborar co Estado brasileiro para "evitar que casos como o de Sao Paolo volvan a se producir". Zara tamén asegura que o provedor pagará compensacións aos inmigrantes, na súa maioría bolivianos e peruanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 Xandokas

.. pareceme a min que non hai que ir a Brasil para ver casos de escravitude, ... ben seguro que en Galicia hai bastante diso.. e nese mesmo ramo.....

7 xOsse

Todos somos escravos, uns máis que outros, dunhas firmas ou outras. Sinalar a Zara dun xeito illado non é que sexa inxusto, é que me parece demagóxico. Rosiña xa o sabía: http://www.youtube.com/watch?v=yUxY...

6 anonimo

es verdad que esto ai que pararlo pero no tienen nada que ver con el baño de la foto. porque los cotrosos son los que lo usan. porque se supone que ai donde tirar esa basura y no almacenarla en el rincón.no creo que tenga nada que ver con lo que se está contando.

5 galegoexiliado

Vaia nova. Ninguén se fixo rico traballando. ¿E a esplotación que se fixo aos proveedores e costureiras galegas? Claro que en Marrocos, na China ou en Sudamérica cobran menos e eso aumenta o prestixio, uy, perdón , os beneficios. Vaia por diante que nunca merquei nada de Sara nin de Rodolfo Dominjez.

4 Xandokas

Ao cárcere cos escravistas!!!!