Aumenta a poboación estranxeira traballando en Galicia

Seguridade Social gaña en Galicia 3.200 afiliados estranxeiros en 2018, a terceira comunidade con maior aumento. Os portugueseses son a comunidade máis numerosa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2019 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia alcanzou ao peche de 2018 os 35.841, de forma que gañou 3.200 ao longo deste ano, un 9,8% máis.

Traballador inmigrante    Arquivo
Traballador inmigrante Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, este incremento está máis dun punto por encima da media de avance estatal (+8,4%). A autonomía con maior incremento interanual é Navarra (+10,88%), mentres Galicia ocupa o terceiro lugar tras País Vasco (+9,97%).

Con todo, en comparación con novembro, en decembro pérdense 397 afiliados estranxeiros na Comunidade (-1,09%). Esta baixada contrasta coa subida media do 0,59% no país. A cotización de estranxeiros afiliados en Galicia repártese: 23.905 están no réxime xeral, 1.151 no agrario, 3.151 no do fogar, 6.368 son autónomos e 1.266 están no réxime do mar.

A nivel estatal, a Seguridade Social gañou unha media de 154.948 cotizantes estranxeiros en 2018, un 8,4% en relación a 2017, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.992.849 ocupados, o seu nivel máis alto desde marzo de 2008.

PROCEDENCIA

Pola súa banda, do total de estranxeiros 15.410 proceden da Unión Europea, mentres os 20.431 restantes son de fóra da UE. Por sexos, hai 20.278 homes e 15.563 mulleres.

No tocante aos que veñen da UE, os máis numerosos son os de Portugal (7.733), seguidos de Romanía (2.884) e Italia (1.615). Fóra da UE o país que máis achega é Venezuela (2.307), seguida de Brasil (2.243) e Marrocos (1.932).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta