Os Premios de Teatro María Casares levan inscritos máis de 300 profesionais e 32 espectáculos

Nas votacións poden participar o coletivo da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e profesionais doutras áreas que teñan relación coa cultura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/01/2019 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais inscribíronse aos XXIII Premios María Casares, galardóns de teatro organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Segundo informa esta asociación, o proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 7 de xaneiro.

Teatro María Casares. REMITIDA
Teatro María Casares. REMITIDA | Fonte: Europa Press

As candidaturas divídense en catorce categorías: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Tras esta primeira fase de inscrición, a asociación inicia a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Deste xeito, ademais do colectivo de membros da asociación, poderán votar responsables da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e finalistas de edicións anteriores.

Esta primeira rolda de votacións terminará o 11 de febreiro. Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a mediados de febreiro na festa de finalistas da María Casares. A gala celebrarase o 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta