A Deputación de Pontevedra segue co castelán

Unha sentenza obriga a esta Administración a publicar o BOP en galego. O deputado Gabriel Martínez (BNG), quen gañou esta batalla legal, explica a GC porque Louzán (PP) se salta a obriga de promover o galego malia recibir cartos para a normalización.

Por Antón Fernández | Pontevedra | 24/08/2011 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Dende a súa toma de posesión como deputado provincial polo BNG en 2007, o nacionalista Gabriel Martínez Giraldez traballou pola galeguización desta administración pública. Ao longo destes anos reuniu numerosa documentación que, segundo afirma a Galicia Confidencial, “impón o castelán dun xeito directo e a todos os niveis”.

None

Hai agora un mes fíxose pública unha sentenza que esixía á Deputación de Pontevedra que respectase a normativa lingüística de defensa do galego e pasase a publicar na nosa lingua o seu Boletin Oficial da Provincia (BOP). Foi grazas a varias denuncias de Gabriel Martínez que non deixou de teimar para que se cumprira a lei. Mais a imposición do castelán continúa. Para o ex-deputado as probas son claras. “Hai escritos dirixidos aos concellos para que remitan a documentación en castelán e non en galego”, denuncia. Mesmo comprobamos, sen moita dificultade, como hai todo tipo de publicidade institucional (cartelería, folletos de actos nos que participa a institución provincial, publicacións non periodicas) que prescinde da lingua galega.

A Deputación de Lugo tamén publica o seu boletín en castelán

Outra das irregularidades que denuncia Gabriel Martínez é a non utilización da toponimia oficial no caso de A Coruña. “A Deputación de Pontevedra chegou a recibir 30.014 euros para realizar actividades en materia de normalización lingüística”, informa o nacionalista, “esta grande aportación económica foi posible grazas a un acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). No seu momento solicitei as facturas pero non recibin ningún tipo de información”, asegura.

A Deputación de Pontevedra segue, a dia de hoxe, publicando o BOP en castelán. Outras Deputacións que tamén están a editar o seu boletín en castelán son as de Lugo e A Coruña mentres que a de Ourense é a única que ten o formato en galego e os textos nun sistema bilingüe. O propio Gabriel Martínez non entende o caso da Deputación de Lugo, onde o BNG está no goberno provincial, e solicita tamén que se respecte a normativa lingüística de defensa do galego.

None

A denuncia contra a Deputación de Pontevedra paso a paso

O 12 de xullo de 2010, Gabriel Martínez presentou un escrito na Deputación de Pontevedra solicitando que cesara a vulneración que en materia lingüística levaba a cabo o ente provincial. Remitiase as leis tanto do Estatuto de Autonomía como as da propia Deputación (Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, Lei de Administración Local de Galicia, Lei 5/88 de uso do galego como lingua oficial polas entidades locais ou da propia Ordenanza de normalización lingüística da 
Deputación). Asimesmo solicitaba o nome dos funcionarios responsables desta iregulariedade.

O 29 de xullo de 2010 recibe contestación por parte do secretario da Deputación de Pontevedra no que se desestima a reclamación sinalando a defensa das linguas cooficiais que está na Constitución española. Tamén incorpora parte do Estatuto de Autonomía (na súa versión en castelán) na que reitera a cooficiliadade das dúas linguas.

O 26 de agosto de 2010 Gabriel Martínez presenta un recurso contra o que considera só un “informe” do secretario. Denuncia que a tradución da lexislación galega (neste caso o Estatuto) “é un xeito de reivindicación e interiorización do franquismo lingüístico” e reitera a súa reclamación advertindo, ademáis, “da posible comisión dun delito de prevaricación”.

O 8 de setembro de 2010 a Deputación contesta outra vez negativamente a solicitude do deputado nacionalista sinalando que “os recursos xurídicos do recurso non difiren dos establecidos no seu momento na reclamamación efectuada”.

Sentenza a favor dos argumentos do Deputado

Gabriel Martinez presenta entón un recurso contencioso-administrativo que se resolveu o pasado 15 de xullo de 2011 cunha sentenza na que se esixe á Deputación de Pontevedra “o exacto cumprimento da ordenanza referida coa íntegra publicación en galego do Boletín Oficial da Provincia (BOP), tanto no referido ao formato (...) como aos textos propios da administración provincial”. A institución provincial tivo de prazo quince días no caso de querer presentar recurso de apelación diante do TSXG.

GC facilita este dossier con varios documentos da Deputación só en español (incluído "Concello de La Coruña) e as interprelacións do Deputado (PDF).

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 57 comentarios

2 Xoelho

O que resulta de ciencia-ficción é que un organismo oficial como a Deputación Provincial, por moi estúpido e innecesario que sexa, non só non cumpra a lei admitindo escritos en galego, que é lingua oficial, senón que ademais tenha o descaro de pór por escrito o rexeitamento do galego nun documento oficial, como se desconhecesen a lei, o estatuto de autonomía e a constitución de dereitas que temos, que é a deles.

1 xan soares

Moi boa reflexión Xoelho, son tan burriños que o fan nun documento escrito!

2 Faldo

Louzán é un home absurdo, obcecado e necio; talvez se trate dun retardado mental, o que o fai dobremente perigoso, por malo e por estúpido.

1 Español primero

Ya está bien de tanto galleguisto, el español es el idioma de todos, no entiendo porque tanto empeño con el gallego. Ese dialecto está muy bien para hablar el día de la fiesta del pueblo con los vecinos, el resto son gilipolleces de radicales galleguistas.

1 foucellas

homiño, matricúlate nunha facultade de filoloxía; si ainda teimas co dialecto non hai posibilidade de discutires meu

2 antiespañol

Será o idioma da tua p..n...iba decir o que eres, pero me calo non por resapeto a ti, que non o mereces, senon por respeto as petrsoas de ben.

3 Cholas

EHH!!!! sen insultar, espanhol serás ti, a ver se che teño que mentar a tua proxenitora.

4 galego sempre

Ante este comentario con tan poucas luces e máis incultura non vou perdelo tempo pero dicir que: 1º O galego é un idioma. 2º O galego como mínimo tén o mesmo dereito de existir e ser respetado co castelán. Estamos en Galiza se non mal recordo. 3º Craso erro asocialo radicalismo ca defensa do noso idioma na nosa terra. A caso haberá que chamarvos radicais españolistas?. 4º E voume permitir chamar paleto a quen pretende ofender as persoas de fala galega. Óscar.

5 españolazo

É que co español chegamos moi lonxe, si si... creo que ao mesmo sitio que co galego, vaia, a américa do sur e pouco máis. Se é que o español é o idioma de todos por imposición, limpeza étnica e é un dialecto do latín e do galego-portugués, e só serve para falalo ao outro lado dos ancares e ao outro lado do charco, o resto son gilipolleces de radicales españolistas.

6 tBrK

joder nenos, pensade un algo antes de darlle a tecla, vai un fulano e escribe unha parvada para ridiculizar aos españolistas e entrádelles todos a trapo

7 CranioF

Qué pouco cerebro, estes non saben o que é a ironía. Juasss