Feijóo alíase coas teses de Bolsonaro e Trump e pide recoñecer a Guaidó como presidente de Venezuela

Di que o presidente da Cámara venezolana foi "elixido democrática" polo pobo. Ningún país da UE o recoñeceu, aínda, como líder do goberno venezolano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves ao Goberno central que apoie "inequivocamente" ao líder da Asemblea Nacional de Venezuela e autoproclamado este mércores presidente deste país, Juan Guaidó, xa que foi "elixido democraticamente" polo pobo.

Feijóo en rolda de prensa. XUNTA
Feijóo en rolda de prensa. XUNTA | Fonte: Europa Press

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Goberno, Feijóo instou a Pedro Sánchez a dicir "que está a favor da democracia" no estado latinoamericano onde, segundo as súas cifras, viven uns 40.000 galegos, polo que é unha cuestión que "interesa moitísimo" a Galicia.

Ademais, Feijóo mostrouse partidario de que Guaidó "tutele de forma transitoria" unhas eleccións "con todas as garantías" para elixir "un novo goberno en Venezuela" que leve "unha democracia plena a ese país irmán".

O presidente galego alínease cos setores máis duros do PP e tamén coas teses de Vox e Ciudadanos, que ven lexítimo a elección de Guaidó coma presidente. Na UE ningún país lle deu este recoñecemento que si fixeron outros países coma EE.UU. ou Brasil.

Feijóo, nun ton moi populista, moi semellante ao de Vox, insistiu en que é o Goberno de Pedro Sánchez "ao que lle corresponde" fixar unha postura sobre este conflito no que, con todo, o presidente autonómico cre "que non se pode estar nunha zona intermedia": "Ou se está cun, ou se está con outro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta